videoxogo para Mega Drive From Wikipedia, the free encyclopedia
Sonic the Hedgehog é un videoxogo de plataformas desenvolvido polo Sonic Team e publicado pola compañía xaponesa Sega na consola Mega Drive. O xogo conta a historia dun ourizo antropomórfico chamado Sonic que ten que acabar co malvado Doutor Robotnik, un científico que muda animais en robots e que roubou un tesouro máxico coñecido como as "Chaos Emeralds" (Esmeraldas do Caos). O estilo de xogo consiste en atrapar aneis douradados para acadar saúde e un sistema de control simple, no que para saltar ou atacar soamente hai que premer un botón.
Sonic the Hedgehog | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Sonic Team |
Distribuidora(s) | Sega |
Deseñador(es) | Hirokazu Yasuhara |
Artista(s) | Naoto Ohshima Jina Ishiwatari Rieko Kodama |
Compositor(es) | Masato Nakamura |
Lanzamento | 23 de xuño de 1991 |
Xénero | Plataformas |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Sega Genesis, Master System, Game Gear, Game Boy Advance, Nintendo 3DS, iOS, Android, Apple TV |
Serie | Sonic the Hedgehog |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O xogo foi ben recibido pola crítica, e é considerado un dos mellores de tódolos tempos,[1] grazas ao seu aspecto gráfico, a súa banda sonora e a súa forma de xogo. Tivo un grande éxito comercial e conseguiu ficar a Mega Drive (ou Genesis nos Estados Unidos) á mesma altura que Nintendo e a súa consola de 16 Bits Super Nintendo. O xogo tivo múltiples conversións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.