Sonic the Hedgehog

serie de videoxogos From Wikipedia, the free encyclopedia

Sonic the Hedgehog

Sonic the Hedgehog (en xaponés: ソニック・ザ・ヘッジホッグ, Sonico za Hijihogo)[1] ou "Sonic o ourizo" é unha serie de videoxogos de SEGA ademais de ser o nome do personaxe principal da saga, sendo a mascota da compañía dende o ano 1991 co lanzamento do videoxogo homónimo á saga.

Datos rápidos Tipo, Franquía ...
Sonic the Hedgehog
Thumb
Tiposerie de videoxogos
FranquíaSonic the Hedgehog
Temática
Ambientado enMobius
Universo ficticiouniverso de Sonic
Publicación
País orixeXapón
EditorialSega
Unidades vendidas1660000000 (1 de novembro de 2023)
Datas
Data de creación23 de xuño de 1991
Videoxogo
DesenvolvedorSonic Team, BioWare, Compile, Dimps, Hudson Soft, Jupiter (pt) , Appaloosa Interactive (en) , Sanzaru Games (en) , Sega-AM2 (pt) , Smilebit (pt) , Sega Technical Institute (pt) , SIMS Co., Ltd., Sumo Digital (pt) , Creative Assembly, Traveller's Tales e Gameloft
Contacto
Páxina WEBsonicthehedgehog.com
Redes
[ Wikidata ]
Pechar

Tamén está presente en cómics[2], debuxos animados e libros. O primeiro videoxogo desta saga foi creado en 1991 na consola Sega Mega Drive (ou Genesis, como é coñecida nos EUA[3]). A velocidade é a nota característica do protagonista no primeiro xogo, que revolucionou o mundo das videoconsolas e arrebatou temporalmente o monopolio dos videoxogos a Nintendo. Sonic the Hedgehog tivo unha secuela en 1992, Sonic the Hedgehog 2 (no que se presentaba un novo amigo de Sonic, "Tails", un raposo laranxa con dúas colas), que recolleu se cabe máis loanzas e éxito de vendas. Houbo tamén dúas entregas cos mesmos nomes nas consolas de 8-bits (Master System e Game Gear) coas correspondentes boas críticas.

Destácase tamén na consola Mega CD o "Sonic CD", cuxa trama se sitúa cronoloxicamente inmediatamente despois do primeiro xogo e antes de Sonic the Hedgehog 2, feito que explica a ausencia de Tails nel. A trama de Sonic CD comienza con Sonic apresurándose cara un lago xigantesco chamado Never Lake, sobre o cal un satélite, Little Planet (tamén coñecido como Miracle Planet), aparece no último mes de cada ano para logo desaparecer durante outros 11 meses. O arqui-inimigo de Sonic, o Dr. Robotnik (ou Eggman), encadeou o planeta a unha montaña e procedeu a transformalo nunha fortaleza xigante co seu exército de robots. Para levar a cabo o seu plan, Robotnik usa as Time Stones, sete xemas de cores que controlan o fluxo do tempo, agochados nas diferentes zonas dos niveis. Estas pedras preciosas misteriosas teleportan ao Little Planet a través do tempo. Sonic aventúrase no satélite, seguido pola namorada Amy Rose , a súa autoproclamada moza, aínda que este amor non sexa correspondido. Robotnik envíao seu máis recente invento, Metal Sonic, unha réplica robótica malvada de Sonic, para secuestrar a Amy en Collision Chaos, atraendo ao ourizo ao perigo. Despois de superar a Metal Sonic nunha carreira en Stardust Speedway, demostrando que é máis veloz que a súa copia, e salvar a Amy, Sonic loita derrota a Robotnik na súa guarida, Metallic Madness. Existen dous finales, dependendo de se o xogador foi quen de recoller as Pedras do Tempo (Time Stones) ou logrou un bo futuro en cada nivel. No final bo, Little Planet agradece a Sonic cunha choiva de estrelas e vaise de Never Lake; no final malo, Little Planet vaise igualmente, pero Robotnik usa as Pedras do Tempo para traelo de volta e ínstase ao xogador a volver xogar o xogo para lograr o final bo. Sonic CD é considerado por unha gran cantidade de fans como a obra mestra de Sonic, se ben non tivo o éxito esperado debido ao fracaso comercial da consola.

O último proxecto con éxito na clásica Mega Drive foi o Sonic 3 & Knuckles, que se puxo á venda en dous xogos separados, Sonic 3 e Sonic & Knuckles, por limitacións de tempo, se ben ambos os xogos formaban parte do mesmo proxecto desde o principio. Tivo unha boa recepción e éxito en vendas, aínda que lixeiramente menor que o Sonic the hedgehog 2.[4][5]

Tras unha serie de xogos con pouco éxito, SEGA publica un novo xogo en 1999 na consola DreamCast, chamado "Sonic Adventure" que volveu a recoller boas críticas e que é considerado o xogo que máis vendeu naquela consola. Este xogo tivo unha secuela, Sonic Adventure 2 (2001), que tivo boas críticas, aínda que non tan boas como na primeira parte. Tras esta entrega xurdiron unha serie de xogos que trouxeron críticas mixtas e niveis de venda moito máis baixos. Sonic Colors (2010) e Sonic Generations (2011) foron mellor valorados. En 2017 foi publicado Sonic Mania, que acadou valoracións positivas xeneralizadas de consumidores e revistas especializadas, e Sonic Forces, con críticas mixtas.[6]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.