Os Solenogastros (Solenogastres), Solenogástreos (Solenogastrea) ou Neomeniomorfos (Neomeniomorpha) son unha clase moluscos vermiformes exclusivamente mariños que viven e se alimentan sobre cnidarios a grandes profundidades (por debaixo dos 200 m). Son epifaunais, a diferenza dos caudofoveados que viven baixo o substrato (infaunais). Coñécense unhas 250 especies.[1]

Máis información Solenogastros, Clasificación científica ...
Solenogastros
Thumb

Epimenia verrucosa

Clasificación científica
Reino:Animalia
Subreino:Eumetazoa
Sen rango:Bilateria
Superfilo:Lophotrochozoa
Filo:Mollusca
Clase:Solenogastres
Ordes
  • Cavibelonia
  • Neomeniamorpha
  • Pholidoskepia
  • Sterrofustia
Pechar

Como os caudofoveados, carecen de cuncha e por isto antes agrupábanse con eles na clase dos aplacóforos, hoxe considerada por moitos autores como parafilética debido a existencia de novas probas moleculares, fundamentalmente .[1][2][3]

Características

Os solenogastros son moluscos pequenos (en xeral de menos de 5 cm).[1] Carecen de cuncha, ollos e tentáculos. A epiderme presenta na súa parte máis externa unha cutícula quitinosa e espículas de calcita e aragoníticas. Presentan un que esvara atravesado por un suco lonxitudinal ventral chamado suco pedal ou pedio. A cavidade paleal está moi modificada e non amosan ctenidios (branquias). Presentan unha boca anterior con cirros ou papilas sensoriais. O aparato dixestivo presenta divertículos intestinais que maximizan a superficie de absorción de nutrientes. Presentan glándulas salivares moi elaboradas utilizadas para a clasificación taxonómica e algunhas especies teñen rádula.

Son hermafroditas (monoicos) con fecundación cruzada; os gametos saen á cavidade paleal polos gonoductos a través da cavidade pericárdica. Presentan unha endolarva lecitotrófica (aliméntase do vitelo do ovo), ou unha larva trocófora planctotrófica (aliméntase de plancto) nalgunhas especies.

Clasificación

Dentro dos solenogastros coñécense os seguintes Ordes:

Clase SOLENOGASTRES

  • PHOLIDOSKEPIA
    • Dondersiidae
    • Sandalomeniidae
    • Gymnomeniidae [+Wireniidae]
    • Lepidomeniidae
    • Macellomeniidae
  • NEOMENIAMORPHA
    • Neomeniidae
    • Hemimeniidae
  • STERROFUSTIA
    • Phyllomeniidae
    • Imeroherbiidae
    • Heteroherbiidae
  • CAVIBELONIA
    • Pararrhopaliidae
    • Acanthomeniidae
    • Amphimeniidae
    • Simrothiellidae
    • Drepanomeniidae
    • Strophomeniidae
    • Proneomeniidae
    • Epimeniidae
    • Syngenoherbiidae
    • Rhipidoherpiidae

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.