From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Caudofoveados (Caudofoveata, do latín cauda, cola e fovea, fosa), Quetodermos ou Quetodermomorfos (Chaetodermomorpha con quetas na derme) son unha clase do filo Mollusca. Durante anos formou, xunto con Solenogastres, a clase Aplacophora, considerada hoxe como parafilética.[1][2] Pero hoxe se pensa que este grupo é irmá dos cefalópodos[3].
Estes animais son pequenos (1–30 mm) aínda que algúns poden acadar entre os 14–15 cm. Acostuman vivir en augas profundas escavando no chan unha galería na que se menten cabeza abaixo. Son animais vermiformes con ausencia de cuncha, aínda que a súa parte externa (o manto) está formado por unha cutícula quitinosa engrosada con espículas de calcita e aragoníticas chamadas escleritos que usan para o movemento.
Existen arredor de 15 xéneros, cunhas 150 especies coñecidas. Durante a reprodución sexual, a femia produce os ovos que son fertilizados e maduran e logo as larvas nadan libremente.
Dentro dos caudofoveados coñécense as seguintes familias:
Chaetodermatida Simroth, 1893
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.