Soiuz MS-16 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 9 de abril de 2020 mediante o un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Datos rápidos Tipo, Data de lanzamento ...
Soiuz MS-16
Thumb
A Soiuz MS-16 acoplada ao módulo Poisk.
TipoTripulada
Data de lanzamento9 de abril de 2020[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 2-1a[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso22 de outubro de 2020[1]
NSSDC ID2020-023A
Pechar

Características

Soiuz MS-16, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Anatoli Ivanishin, Ivan Vagner e Christopher Cassidy a bordo (a tripulación de respaldo eran Sergei Rizhikov, Andrei Babkin e Stephen Bowen), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Foi a primeira Soiuz tripulada lanzada por un foguete Soiuz 2-1a e unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas, acoplándose ao módulo Poisk e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-15 xa a bordo, cuxa partida marcou o inicio da Expedición 63.[2][3][4][5]

Tras 196 días en órbita, a Soiuz MS-16 desacoplouse do módulo Zvezda o 22 de outubro de 2020, aterrando a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.