Sofonisba Anguissola
pintora renacentista italiana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sofonisba Anguissola (tamén escrito Anguisciola ou Anquissola), nada en Cremona arredor de 1535 e finada en Palermo en 1625, foi unha pintora italiana considerada a primeira muller pintora de éxito do Renacemento.[1] Cultivou o retrato e o autorretrato, establecendo novas regras no ámbito do retrato feminino.[2] Aos 27 anos estableceuse en España, na corte do rei Filipe II. Adxudícaselle un importante papel como elo entre o retrato italiano e o español no século XVI, ademais de notable influencia no desenvolvemento posterior deste xénero en Italia.[2] A súa traxectoria resultou un precedente para varias mulleres artistas que foran excluídas do ensino académico, de gremios e obradoiros e do mecenado papal, pero que si atoparon apoio nas cortes europeas entre os séculos XVI e XVIII.[2][3]