estación espacial da NASA From Wikipedia, the free encyclopedia
Skylab foi unha estación espacial da NASA lanzada o 14 de maio de 1973 mediante un foguete Saturno V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5]
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Skylab | |
---|---|
Tipo | Estación espacial |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 14 de maio de 1973, 17:30 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Saturno V[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39A[2][6] |
Obxectivo da misión | Estación espacial tripulada[2][6] |
Decaemento | 11 de xullo de 1979[1] |
NSSDC ID | 1973-027A |
Masa | 90.607 kg[2][5][6] |
Dimensións | 36,12 m de longo, 21,0 m de envergadura[6] |
Potencia | 11 kW[6] |
Skylab foi a resultante de equipo sobrante do programa Apolo tras os recortes que eliminaron as últimas misións luares programadas. Como consecuencia quedaron dispoñibles varios Saturno V e outro material que foi adaptado para o lanzamento da que sería a primeira estación espacial dos Estados Unidos.[2][3][5]
Skylab estaba composta de cinco partes: a montura para o telescopio Apolo (ATM), o adaptador para acoplamentos múltiples (MDA), o módulo de esclusa de aire (AM), a unidade instrumental (IU) e o taller orbital (OWS). A estación tiña forma de cilindro cunha lonxitude total de 36,12 m, unha envergadura de 21,0 m e un volume interno de 361 m3, co telescopio formando un ángulo de 90 graos respecto do resto da estación despois de ser lanzada. O telescopio estaba destinado á observación solar e usaba película fotográfica para rexistrar as imaxes que debía ser recuperada polos astronautas mediante unha saída extravehicular. A estación estaba deseñada para ser visitada por naves Apolo, que se acoplaban ao módulo de acoplamento múltiple, permitindo o acceso dos astronautas ao interior. A unidade instrumental foi usada unicamente durante o lanzamento para proporcionar capacidade de guiado e navegación ata a chegada a órbita e posterior despregue do telescopio e os paneis solares. O taller orbital estaba formado por un cilindro que era en realidade unha etapa Saturno 4B modificada para ser habitable por tres astronautas durante longos períodos de tempo e era capaz de producir ata 11 kW de potencia. Contiña provisións e as estancias dos astronautas, permitindo permanecer ata 84 días de maneira continua na estación.[2][3][4][5]
Despois da terceira e última visita tripulada á estación os enxeñeiros de terra fixeron probas coa estación en remoto para comprender determinados fallos e gañar experiencia en sistemas de longa duración no espazo.[2][3][4][5]
A estación foi deixada nunha órbita que se pensou suficientemente estable e segura como para poder ser visitada nos primeiros voos do incipiente programa do transbordador espacial, pero a combinación dunha taxa de diminución da órbita maior do esperada e o atraso nos primeiros voos do transbordador causaron que a estación reentrara na atmosfera o 11 de xullo de 1979. Anacos resultantes da desintegración acabaron dispersos sobre Australia.[1]
Aos 63 segundos do lanzamento un dos escudos antimeteoritos e o panel solar número 2 foron arrincados debido ás forzas aerodinámicas. Os restos ademais atascaron o panel solar número 1. A estación foi insertada de maneira normal nunha órbita de 435 km de altura, pero debido á falta do escudo antimeteoritos a temperatura no interior da estación comezou a subir perigosamente, chegando a 52 °C. O panel solar número 1 non conseguiu despregarse pero afortunadamente si se despregou o panel que ía montado no telescopio Apolo. A primeira misión tripulada á estación atrasou o seu lanzamento dez días, durante os cales practicaron técnicas para reparar os estragos unha vez a bordo, conseguindo restablecer unhas mínimas condicións de habitabilidade e traballo e permitindo que as dúas expedicións posteriores pudiesen facer o seu traballo con normalidade.[2][3][4][5]
Skylab levaba a bordo instrumentos para realizar diversos experimentos científicos:[2][3][4][5]
A estación foi visitada por tres tripulacións, cada unha composta por tres astronautas, en tres misións distintas:[2][3][4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Skylab |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.