Skylab 4 foi a terceira e última misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Foi lanzada o 16 de novembro de 1973 mediante un foguete Saturno IB desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5]
Skylab 4 | |
---|---|
Saturno IB da misión Skylab 4 engalando | |
Tipo | Tripulada |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 16 de novembro de 1973, 14:01 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Saturno IB[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6] |
Obxectivo da misión | Viaxe tripulada á estación espacial Skylab.[2][6] |
Regreso | 8 de febreiro de 1974[1] |
NSSDC ID | 1973-090A |
Masa | 6033 kg[2][5][6] |
Skylab 4 foi a última misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Durante a misión fixéronse observacións astronómicas do cometa Kohoutek e leváronse a cabo diversos experimentos científicos e médicos, así como varios paseos espaciais que totalizaron 22 horas e 13 minutos no exterior da estación. Debido ó exceso de traballo a tripulación, formada por Gerald Paul Carr, Edward George Gibson e William Reid Pogue, rebelouse contra o control da misión na que pode considerarse a primeira folga espacial. Ningún dos tres astronautas volveu a voar en ningunha outra misión espacial.[2][3][4][5]
A misión Skylab 4 rematou o 8 de febreiro de 1974 cando o módulo de mando cos tres astronautas nos seu interior amarou no océano Pacífico.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Skylab 4 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.