Sitio de unión
rexión dunha macromolécula, como unha proteína, á que se une outra molécula especificamente / From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioquímica e bioloxía molecular, un sitio de unión é unha rexión dunha macromolécula, como unha proteína, á que se une outra molécula especificamente.[1] A molécula que se une á macromolécula adoita denominarse ligando.[2] Os ligandos poden ser outras proteínas (orixinando unha interacción proteína-proteína),[3][4] substratos encimáticos,[5] segundos mensaxeiros, hormonas ou moduladores alostéricos.[6] A unión da molécula está a miúdo (pero non sempre) acompañada dun cambio conformacional que altera a función da proteína.[7] A unión dunha molécula ao sitio de unión dunha proteína adoita ser reversible e non covalente (transitoria), pero pode tamén ser covalente e igualmente reversible[8] ou irreversible.[9]