cantante malaisiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Siti Nurhaliza binti Tarudin, nada en Kampung Awah o 11 de xaneiro de 1979, é unha cantante e empresaria[1] malaisiana, que ao longo da súa carreira recibiu case 300 premios locais e internacionais[2]e canta fundamentalmente en malaio e bahasa indonesio e ademais de inglés tamén gravou en xavanés, mandarín[3] árabe[4], urdú[5] e xaponés[6].
Nome orixinal | (ms) Siti Nurhaliza (ar) سيتي نورهاليزا (id) Siti Nurhaliza (en) Siti Nurhaliza |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ms) Siti Nurhaliza binti Tarudin 11 de xaneiro de 1979 (45 anos) Kampung Awah, Malaisia (en) |
Residencia | Bukit Antarabangsa (en) |
Grupo étnico | Pobo malaio |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | actriz, empresaria, artista discográfico, actriz de cinema, actriz de televisión, escritora, cantante, socialité, presentadora, modelo |
Período de actividade | 1995 - |
Xénero artístico | Música pop, Rhythm and blues, rap, música rock e música tradicional |
Pseudónimo literario | Nour Eriqa |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Universal Music Group GP Records (en) Suria Records (pt) (1995–2005) Rotana Records (pt) (2024–) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Khalid Mohamad Jiwa |
Irmáns | Siti Saida Siti Saerah |
Premios | |
Páxina web | simplysiti.com.my |
Naceu nunha pequena localidade do concello de Termeloh en Pahang. Seu pai, Tarudin Ismail era un oficial de policía e súa nai Siti Salmah Bachik, ama de casa[7][8]. A parella tivo oito fillos, e procedía dunha familia vencellada á música, seu avó fora un famoso violinista e súa nai unha cantante tradicional local[7]. Tamén seu irmá Saiful Bahri Tarudin e as súas irmás Siti Norsaida e Siti Saerah son cantantes.[9]. Realizou os estudos de primaria e sencundaria en Kuala Lipis[10]. Procedente dunha familia pobre[11][12], xa dende pequena tiña que axudar a súa nai a vender kuih entre a veciñanza e era a vocalista dun grupo formado polo seu tío, que actuaba en vodas e cerimonias locais, e tamén participou en diversos concursos musicais da rexión. En 1991, con 12 anos, gañou unha competición local de cancións patrióticas co tema "Bahtera Merdeka"[13][11], nesa época participaba en diversas actividades deportivas escolares, especialmente en netball[14] e con 14 participou nunha audición de Asia Bagus[15].
Dous anos despois, en 1995, participou no concurso Bintang HMI da RTM coa canción Kaulah Segalanya[16] que fixera famosa Ruth Sahanaya. No decurso da competición coñeceu ao compositor Adnan Abu Hassan que a guiou na execución vocal, e finalmente gañou cunha canción de Aishah, "Camar Yang Pulang"[16]. Nurhaliza asinou un contrato coa discográfica Suria Records[17] e en 1996 saíu o seu primeiro álbum, Siti Nurhaliza I.[8], e o seu primeiro sinxelo Jerat Percintaan gañou o premio Anugerah Juara Lagu[18]. Tamén nese ano gañou os premios nas categorías de artista televisiva máis popular, cantante feminina máis popular, artista nova máis popular e na principal de artista máis popular do Anugerah Bintang Popular[19].
Siti comezou a coller sona en Indonesia en 1997 logo de aparecer na edición de abril dunha das revistas máis populares do país, POS Kota[20] . Converteuse na primeira cantante malaisiana en realizar un concerto en vivo en Indosiar, unha canle popular en Indonesia[20] e pasou a ser unha das artistas con máis poder de convocatoria en Indonseia, con concertos en Iacarta, Bandung, Yogyakarta e moitas outras cidades nos anos seguintes[21]. En Malaisia en 1997 gañou o premio á mellor nova artista e mellor canción da Anugerah Industri Muzik[22].
En 1998, con só 19 anos, fundou a súa propia compañía, Siti Nurhaliza Productions que actúa como o seu propio equipo de xestión oficial[23]. A súa primeira aparición na escena internacional ao grande, durante os Xogos da Commonwealth de 1998 que se celebraron en Kuala Lumpur, ao actuar, con outros cantantes pop do país, diante a raíña Isabel Ii e o seu consorte o príncipe Filipe entre outros dignatarios de 70 países da Commonwealth[24]. Tamén participou na cerimonia de clausura con dúas estrelas internacionais Céline Dion e Rod Stewart[25]. En novembro dese ano invitárona a actuar no Xapón durante cinco días na Saga Fiesta '98.[26]
Nos anos seguintes, seguiu a promocionarse por toda a rexión, en maio de 1999 na Competición Internacional da Canción do Pacífico Sur na localidade australiana de Gold Coast quedou en primeiro lugar na categoría de canción internacional de pop/top 40 e en mellor interpretación vocal feminina polo seu sinxelo We'll Be As One[27] e en decembro estivo no Festival da Música de Asia en Shanghai, onde logrou o premio de ouro na Competición da Nova Cantante de Asia. No ano 2002 foi a Casaquistán para participar no concurso Voz de Asia, cun dos sinxelos do seu terceiro álbum, Purnama Merindu, e fíxose co premio principal[28]
En decembro de 2003 a organización convidouna a participar no Concerto de estrelas pop do Xapón e dos países da ASEAN que se celebrou en Yokohama, e que entre outros artistas incluía a THE BOOM, You Hitoto, INSPi, Leonard Eto, Yuri Chika, Hiroshi Takano e Hideki Kurosawa polo Xapón[29] mentres dos países da ASEAN estaban Hans Anwar & Lo'Ryder (Brunei), Preap Sowat (Cambodia), AB Three (Indonesia), Alexandra (Laos), Lay Phyu & Iron Cross (Myanmar), Jolina Magdangal (Filipinas), Tanya Chua (Singapur), Briohny (Tailandia) e Lam Truong (Vietnam)[29]. Os participantes tiñan que cantar, na súa lingua, a canción Treasure the World composta polo xaponés Kazufumi Miyazawa con letra da singapuresa Dick Lee. A versión de Siti levou por título Dunia Milik Kita[29].
En 2004 Siti foi a primeira artista non chinesa que convidaron a actuar nos premios Melodía de Ouro, que se celebran en Taiwán, onde fixo dueto con Leehom Wang[30][31] e tamén apareceu nun programa especial de media hora en Azio TV que se gravou durante os catro días que pasou en Taipei[30]. Nese ano fixo a súa terceira aparición nos premios MTV Asia que se organizaron en Singapur. Nese ano de 2004 a súa empresa, Siti Nurhaliza Production, comezou a producir programas de televisión, o primeiro foi un programa musical, Muzikal Aidiladha, que se realizou para o Eid al-Adha.[32] e logo realizou Siti Nurhaliza 3D (Siti Nurhaliza Dari Dalam Diri), unha serie de 13 episodios sobre a vida privada de Siti Nurhaliza que se emitiu na RTM[32][33], a última das producións dese ano foi Sukan dan Selebriti, unha serie de 26 episodios coa participación de celebridades e personalidades deportivas[32].
En 2005 tras denominala Alicia Keys a Voz de Asia ao presentala nos premios MTV Asia en Bangkok [34]. En abril de 2005 realizou con éxito un concerto en solitario no Royal Albert Hall de Londres, porén a maioría da audiencia eran malaisianos aveciñados no Reino Unido, a prensa británica comparouna con Celine Dion[35][36]-. No concerto acompañouna a London Symphony Orchestra dirixida polo indonesio Erwin Gutawa e entre os asistentes estiveron o sultán e a sultá de Pahang e membros da familia real de Brunei[37]. A canle Channel V considerouna a segunda maior artista asiática en 2005 polos seus logros, despois da taiwanesa Jay Chou[38][36] o mesmo que fixo a MTV Asia tamén por tras de Jay Chou.[38].
En abril de 2006 apareceu o seu undécimo álbum de estudio, Transkripsi, con colaboracións de produtores e compositores indonesios como Erwin Gutawa, Melly Goeslaw e Glenn Fredly mais malaisianos como Aubrey Suwito, Cat Farish, Jenny Chin, Firdaus Mahmud, Mac Chew, Yasin e Damian VE.[39][40] Transkripsi converteuse no mellor álbum do ano ao gañar os premios a mellor álbum pop e mellor álbum no Anugerah Industri Muzik.[41][42]. Os críticos considerárono un dos seus mellores álbums[43][44] e foi o primeiro álbum que producía a súa propia compañía[40][45] O 24 de outubro de 2006 o sultán de Pahang conferiulle o título de Darjah Indera Mahkota Pahang (DIMP) con motivo do seu 76 aniversario canda dous deseñadores malaisianos Bernard Chandran e Dayang Tom Abang Saufi.[46].
O 11 de febreiro de 2007 fixo a súa primeira aparición nos Grammy, e foi tamén a primeira malaisiana en percorrer a súa alfombra vermella[47] O 20 e 21 de abril de 2007 actuou no Konsert Istana Cinta Nostalgia, un concerto tributo a Tan Sri P. Ramlee e Puan Sri Saloma no Istana Budaya de Kuala Lumpur[48]. Na Anugerah Industri Muzik gañou o premio ao mellor álbum pop e mellor álbum por Transkripsi.[41] Nos Anugerah Planet Muzik de 2007 gañou o premio á mellor artista feminina, categoría outorgada por voto en Indonesia, Malaisia e Singapur, e mellor artista feminina e mellor canción, premios concedidos por un xurado[49].
En 2007 participou na banda sonora de dous filmes, gravou Menanti Pasti para Kayangan e Hati para 1957: Hati Malaya, esta última canción incluíuna no álbum Hadiah Daripada Hati[50] e recibiu o premio á mellor canción orixinal no Festival de Cinema de Malaisia de 2008[51]. Por primeira volta actuou nun musical, e así é que deu vida a Azizah, o amor misterioso de P. Ramlee en Remy ... Kisah P. Ramlee que se puxo en escena entre o 19 de outubro e o 3 de novembro de 2007[52].
O primeiro sinxelo do álbum Hadiah Daripada Hati foi Ku Mahu con moita influencia do pop latino e que foi tema de apertura da serie Spa-Q[53] Polo xeral, a crítica considerou o novo álbum de menos nivel que o precedente[54][55]. Así e todo, na 15º edición do AIM gañou nas categorías de mellor álbum pop, mellores arranxos musicais nunha canción por "Cintamu" e mellor interpretación vocal feminina nun álbum[56].
En xaneiro de 2008 a canle Asia News Network considerouna unha das ídolos asiáticas polos seus éxitos e pola súa consagración como icona do espectáculo malaisiano[57]. O 21 de marzo de 2008 celebrou un dos seus primeiros concertos acústicos en solitario en Singapur, denominado Diari Hati – Dato' Siti Nurhaliza's Heart interpretou temas do seu último álbum, Hadiah Daripada Hati e dos anteriores[58].
O seu 13º álbum saíu o 26 de decembro de 2008 co título de Lentera Timur, con música tradicional contemporánea, o seu cuarto neste estilo, o último fora Sanggar Mustika en 2002[59] porén con máis cancións modernas e contemporáneas que os precedentes[60] e traballou con diversos compositores internacionais como o singapureño M. Nasir ou Katon Bagaskara de Indonesia. Nove das 13 cancións proceden dun obradoiro de letras de cancións, Cipta Ekspress – Berirama Malaysia, organizado pola asociación de autores de música de Malaisia, para crear materiais para o álbum[59] Non obstante, as poucas vendas pola escasa promoción, nos 16º Anugerah Industri Muzik, Lentera Timur gañou nas categorías de mellor pop étnico, álbum do ano, e a canción "Di Taman Teman" levou o premio a mellor voz feminina. Nese ano de 2009 estimábase a súa fortuna en 50 millóns de ringgit[61]. Tras a morte de seu pai, Taruddin Ismail, o 15 de febreiro de 2009 anunciou un período de loito de corenta días, nos que non actuou, agás para un cocerto especial con motivo do mawlid [62]. Entre o 26 de xuño e o 29 de xuño realizou unha serie de tres concertos teatrais en Kuala Lumpur so o nome de SATU Konsert Eksklusif Dato' Siti Nurhaliza, coas entradas esgotadas dende había semanas[63]. Un mes antes do concerto gañara o seu noveno premio consecutivo á artista malaisiana máis popular, e tamén, á artista rexional máis popular nos Anugerah Planet Muzik[64]
En setembro foi a anfitrioa dunha serie de telerrealidade sobre cociña, Citarasa Selebriti Bersama Dato' Siti Nurhaliza á que acudían diversos artistas como convidados[65]. Siti e a cantante indonesia Krisdayanti realizaron un álbum conxunto con oito duetos, Siti elixiu catro composicións malaisianas e Krisdayanti catro indonesias. O álbum saíu o 28 de decembro en Malaisia[66] e o 27 de xaneiro de 2010 en Indonesia[67] co título de CTKD.
O 1 de xaneiro de 2010 protagonizou con M. Nasir o Konsert Bagaikan Sakti que se realizou en Singapur e que se emitiu en directo na canle Astro Box Office Events[68] e a súa compañía Siti Nurhaliza Productions tamén produciu un concerto para Faizal Tahir e Aizat co título de Konsert Satu Suara co acompañamento da Simfoni Orkestra Kebangsaan en febreiro[69]. En marzo lanzou a súa propia liña de produtos cosméticos e de beleza, SimplySiti. Nos Anugerah Industri Muzik (AIM) que se celebraron o 2 de maio, gañou o premio á mellor interpretación feminina nunha canción polo sinxelo Ku Percaya Ada Cinta e Persembahan Vokal Berkumpulan Dalam Lagu e mellor interpretación dun grupo dunha canción polo sinxelo Amarah do álbum CTKD. Con 11 premios á mellor interpretación estableceu un récord na historia dos premios[70][71].
Dende o 12 de febreiro de 2011 presentou ao longo de 13 episodios un programa de conversas baixo a denominación de SITI[72]
En setembro de 2011 saíu o seu primeiro álbum integramente en inglés All Your Love[73] con todas as cancións escritas e producidas polos cantantates australianos Christian Alexanda e Bryan Bouro[74]. Dous dos temas, Remember You e I Wait Forever son duetos con Sean Kingston e Christian Alexanda respectivamente[75]
En 2013 no día do seu 34ª aniversario anunciou que ía vestir un hijab sempre, mesmo nas súas actuacións[76]. En febreiro presentou con Nabil Ahmad e Sharifah Shahira un concurso de 13 episodios co título de Siti Ooo...Som[77] Entre o 5 e o 7 de xullo durante tres noites cantou co acompañamento da Orquestra Filharmónica de Malaisia en Kuala Lumpur[78]
O 25 de agosto foi unha das artistas malaisianas en participar no conerto "Harmonía e Unidade" en Kuala Lumpur canda artistas de Indonesia como Ahmad Dhani e Rossa e que se emitiu en directo na TV1 de Malaisia e na Indosiar de Indonesia[79]. En setembro realizou o primeiro concerto tradicional en dezaoito anos de traxectoria[80], acompañada polos corenta músicos da Orkestra Tradisional Malaysia, con 35 cancións tradicionais de diferentes estilos como Zapin, Samrah, Keroncong ou Joget. Inicialmente programado entre os días 20 ao 22 de setembro, engadíronlle un día máis, o 24[81] e converteuse no concerto en solitario con maior recadación no Istana Budaya, con máis de 900 000 ringgit.[82]
O 28 de novembro participou no Xapón no Festival de Música ASEAN-Xapón para conmemorar o corenta aniversaio das relacións entre o Xapón e os países da ASEAN[83] e como axuda ás vítimas do terremoto e tsunami de Sendai de 2011[84], interpretou Biarlah Rahsia, a canción xaponesa Koibito yo que fixera famosa Mayumi Itsuwa e Nirmala[83]. O 5 de decembro estivo actuou nos Asian Television Awards en Singapur, con dúas cancións "Lebih Indah" e "On the Floor"[85] retransmitido tanto por STAR World como por Channel V[86]
O 8 e 9 de febreiro de 2014 organizou, por medio da súa propia fundación, Yayasan Nurjiwa, o seu primeiro concerto benéfico[87] no que superou o millón de ringgit entre a venda de entradas e doazóns[88]. E tamén para recadar cartos para a súa fundación organizou cunha galería da capital malaisiana unha exposición de 15 pintores e escultores malaisianos, 1 español e mais un iraniano con obras inspiradas na propia Siti[89]. A exposición estivo aberta ao público do 27 de febreiro ao 26 de marzo e o 30% das vendas foron para a fundación; o prezo máis alto foi para unha obra do pintor andaluz Adrián Torres que se vendeu por 75000 ringgit[89].
O 27 de marzo participou no concerto que David Foster deu en Kuala Lumpur acompañado de diversos artistas e que se converteu nun concerto tributo ás vítimas do voo 370 de Malaysia Airlines[90] Siti, acompañada de Foster ao piano, interpretou dúas cancións producidas orixinalmente por Foster, I Will Always Love You e Because You Loved Me.[91].
O seu 16ª álbum, Fragmen, apareceu o 30 de xuño e que se certificou como platino tras vender 10 000 unidades en menos de dous meses[92]. Polo álbum gañou no Anugerah Planet Muzik nas categorías de mellor artista feminina e mellor canción por "Lebih Indah"[93] O 21 de outubro lanzouse a versión indonesia de Fragmen cun tema adicional, un dueto con Cakra Khan, "Seluruh Cinta"[94].
Nos Anugerah Industri Muzik de 2014 que se celebraron en decembro gañou nas categorías de mellor gravación polo álbum Konsert Lentera Timur (Dato' Siti Nurhaliza Bersama Orkestra Tradisional Malaysia), mellor interpretación vocal feminina por "Lebih Indah" e mellor álbum por Fragmen[95]. Nos World Music Awards de 2014 gañou os premios a mellor artista feminina malaia, mellor actuación dun artista malaia e mellor artista malaia[96]
En 2015 para conmemorar os vinte anos na industria musical malaisiana celebrou un concerto acústico o 7 de abril de 2015, con entradas esgotadas había días antes e que recibiu boas críticas[97][98]
En agosto, gravou "Nenjae Ezhu", canción composta por A. R. Rahman, o seu primeiro tema en támil para unha interpretación nunha competición musical india[99]. En outubro Siti apareceu na edición de 2016 de The 500 Most Influential Muslims.[100] O 7 e 8 de novembro celebrou o Konsert Satu Suara, Vol. 2[101] acompañada de Hetty Koes Endang (Indonesia) e Ramli Sarip (Singapur), o concerto foi un éxito, con 650 000 ringgit pola venda de entradas só[101].
En decembro actuou como xuíza convidada en Indonesia para Dangdut Academy Asia (D'Academy Asia),[102] unha competeción musical dangdut aberta a participantes de Indonesia, Malaisia, Singapur e Brunei.[103].
En marzo de 2016 lanzou a súa propia liña de roupa, "Creacion By Siti Nurhaliza" [104], continuando a súa carreira como empresaria de éxito, estimándose as súas ganancias en máis de 19 millóns de dólares en 2019[61]. Coincidindo co vinte aniversario do seu primeiro álbum o 2 de abril organizou un concerto no estadio Negara denominado Siti Nurhaliza & Friends[105] coa participación de numerosos artistas malaisianos e indonesios como Faizal Tahir, Hafiz Suip, Jaclyn Victor, Joe Flizzow, SonaOne, Afgansyah Reza, Anggun ou Cakra Khan e Siti cantou en solitario ou en duetos moitos dos seus temas máis coñecidos. O 10 de maio de 2017 saíu o seu 17º álbum, co título de SimetriSiti que inclúe compositores, letristas e artistas malaisianos e indonesios.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.