![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Teo_Reis_Couto_do_Xirimbao_43.jpg/640px-Teo_Reis_Couto_do_Xirimbao_43.jpg&w=640&q=50)
Sistema fluvial Ulla - Deza
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sistema fluvial Ulla - Deza é un espazo natural galego declarado como Zona especial de conservación (ZEC) e que ampara ao río e ribeiras do río Ulla, o treito final do seu afluente o Deza, as ribeiras doutros afluentes menores, e o seu esteiro na ría de Arousa. Este espazo percorre fundamentalmente a raia das provincias da Coruña e Pontevedra. Este espazo está repartido entre os municipios coruñeses de Ames, Boqueixón, Brión, Dodro, Padrón, Rianxo, Teo, Touro e Vedra, e os municipios pontevedreses de Catoira, A Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga e Vila de Cruces. A área que protexe é de 1.633 ha. e é principalmente a de ribeiras do Ulla e Deza, sendo só o 16% desta a superficie do esteiro na ría de Arousa.[1][2][3][4][5]
Sistema fluvial Ulla - Deza | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC | ||
Ano de constitución: | 2004 | ||
Superficie: | 1.633 ha. (16 % mariña) | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3] | ||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | A Coruña e Pontevedra | ||
Concellos: | Ames, Boqueixón, Brión, Catoira, Dodro, A Estrada, Padrón, Pontecesures, Rianxo, Rois Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra e Vila de Cruces | ||
Ríos: | río Ulla, río Deza | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
Destaca pola ictiofauna dos seus ríos[5], e é ten de feito importantes puntos de pesca tradicional.