![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b0/%25D0%2592%25D0%25B8%25D0%25B4%25D0%25B8%25D0%25BD%252C_%25D0%25BC%25D0%25B0%25D0%25B9_2013_-_panoramio_%252879%2529.jpg/640px-%25D0%2592%25D0%25B8%25D0%25B4%25D0%25B8%25D0%25BD%252C_%25D0%25BC%25D0%25B0%25D0%25B9_2013_-_panoramio_%252879%2529.jpg&w=640&q=50)
Simeón I de Bulgaria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Simeón I, chamado Simeón o Grande (en búlgaro: Симеон I Велики, Simeon I Veliki, antigo búlgaro: Сѷмєѡнъ А҃ Вєликъ), nado en 864 ou 865 e finado en Preslav o 27 de maio de 927, foi un tsar (emperador) do Primeiro Imperio búlgaro (925-927) e un soberano guerreiro que fixo da súa corte un centro cultural. Educado en Constantinopla, Simeón sucedeu ao seu pai, Boris I, en 893 despois do breve reinado do seu disoluto irmán máis vello, Vladimir.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (bg) Цар Симео̀н I ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 864 ![]() Pliska (Primeiro Imperio Búlgaro) ![]() |
Morte | 27 de maio de 927 ![]() Preslav (Primeiro Imperio Búlgaro) ![]() |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca ![]() |
Khan (título) | |
Emperador | |
Tsar de Bulgaria | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Primeiro Imperio Búlgaro ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Político ![]() |
Ocupación | monarca ![]() |
Lingua | Antigo eslavo eclesiástico e Grego medieval (pt) ![]() ![]() |
Outro![]() | |
Título | Tsar ![]() |
Familia | Krum's dynasty (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | María Sursuvul |
Fillos | Ivan (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pais | Boris I de Bulgaria ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Vladimir da Bulgária (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A súa ambición dominante, que foi ascender ao trono imperial de Bizancio, unha aspiración compartida así mesmo por moitos tsares búlgaros posteriores, conduciu a Simeón a embarcarse en moitas guerras co Imperio bizantino (894, 896, 913, 917, 923). Nunca conseguiu tomar Constantinopla, a pesar de que estivo varias veces á súa mercede, mais tomou para el o título de «tsar de todos os búlgaros» (925) e tamén declarou o Arcebispado autónomo búlgaro como autocéfalo e elevouno á categoría de Patriarcado. Nos Balcáns, estendeu o poder de Bulgaria sobre o sur de Macedonia, o sur de Albania, e Serbia, que se converteron nos seus vasalos;[1] pero o dominio búlgaro ao norte do Danubio perdeuse probablemente durante o seu reinado. Simeón casou dúas veces e deixou catro fillos, dos cales o máis vello do seu segundo matrimonio, Pedro I, o sucedeu.