From Wikipedia, the free encyclopedia
O antigo eslavo eclesiástico (словѣ́ньскъ ѩꙁꙑ́къ, slověnĭskŭ językŭ), foi a primeira lingua literaria eslava. Os misioneiros bizantinos do século IX Cirilo e Metodio, ámbolos dous de orixe eslava e grega, son os responsables da estandarización da lingua empregándoa nunha tradución da Biblia e noutros textos eclesiásticos en grego antigo como parte do proceso de cristianización dos eslavos.[1][2] Crese que estaba baseado no dialecto dos eslavos bizantinos que viviron na provincia de Tesalónica no século IX (hoxe Grecia). Xogou un importante papel na historia das linguas eslavas e serviu como base da tradición do posterior eslavo eclesiástico, e algunhas igrexas como a Igrexa ortodoxa e as Igrexas católicas orientais empregárono como lingua litúrxica até o presente. Como a lingua eslava máis antiga da que se ten rexistro, achega evidencias importante das características da lingua protoeslava, o antergo común de tódalas linguas eslavas.
Antigo eslavo eclesiástico ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ ⰧⰈⰟⰊⰍⰟ | ||
---|---|---|
Outros nomes: | словѣ́ньскъ ѩꙁꙑ́къ slověnĭskŭ językŭ | |
Falado en: | Áreas eslavas baixo a influencia de Bizancio | |
Rexións: | Europa Central e Oriental | |
Extinción: | séculos IX-XI; despois evolucionou ó eslavo eclesiástico | |
Familia: | Indoeuropea Baltoeslavo Eslavo Meridional Antigo eslavo eclesiástico | |
Escrita: | Alfabeto glagolítico e cirílico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | cu | |
ISO 639-2: | chu | |
ISO 639-3: | chu
| |
Mapa | ||
Status | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.