![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/89/Meister_von_San_Vitale_in_Ravenna.jpg/640px-Meister_von_San_Vitale_in_Ravenna.jpg&w=640&q=50)
Soberano (política)
xefe de estado nunha monarquía / From Wikipedia, the free encyclopedia
O soberano é, nun Estado, o suxeito que ostenta a soberanía, entendido segundo Jean Bodin como ese poder absoluto e perpetuo que lle corresponde ao Estado.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/89/Meister_von_San_Vitale_in_Ravenna.jpg/640px-Meister_von_San_Vitale_in_Ravenna.jpg)
Actualmente o termo é un substantivo ou adxectivo referido a dous conceptos:
- Remite a aquel o aquela persoa que exerce a autoridade suprema, ou o pobo como colectivo soberano nos países democráticos.
- Refírese a que non está subordinado ou sometido a ninguén, que é independente
En sentido figurado significa "Moi grande" (Déronlle unha malleira soberana).[1] O termo utilízase para designar, con valor xenérico, o xefe de Estado monárquico e, polo tanto, como sinónimo de monarca,[2] mesmo cando non tiñan a soberanía na práctica, ben por estar limitada por nobres (como na Carta Magna británica) ou por haber cortes democráticas (desde Afonso VIII de León e Galiza aos reis de monarquías parlamentarias nas democracias actuais).