From Wikipedia, the free encyclopedia
Siarnaq ou Saturno XXIX é unha pequena lúa irregular de movemento directo do planeta Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman no 2000[5][6], e déuselle a designación temporal de S/2000 S 3. En agosto do 2003 recibiría o seu nome oficial, procedente da mitoloxía inuit[7], onde Siarnaq (tamén coñecido coma Sedna) é un xigante.
Descubrimento[1] | |
---|---|
Descuberta por | B. J. Gladman e o seu equipo. |
Descuberta no | 2000 |
Designación alternativa | Saturno XXIX |
Características orbitais[2] | |
Eixo semi-maior | 17,531 Gm |
Excentricidade | 0,2961 |
Período orbital | 895,55 d (2,45 a) |
Inclinación | 46,0° * |
Características físicas | |
Diámetro medio | 40 km[3] ** |
Período de rotación | ? |
Albedo | 0,04 [3] asumido |
Cor | vermello claro B-V=0,87 R-V=0,48[4] |
Tipo espectral | ? |
Esta lúa é o membro máis grande do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno. Siarnaq ten ó redor de 40 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media de 17,531 millóns de kms en 895 días. No diagrama da esquerda pódese ver graficamente a órbita desta lúa en relación coas outras lúas de movemento directo de Saturno, a excentricidade da órbita está representado polos segmentos amarelos que van dende o pericentro ó apocentro.
Siarnaq amosa un vermello claro e o seu espectro infravermello é moi semellante ó de Kiviuq e ó de Paaliaq, o cal soporta a tese dunha posible orixe común do Grupo Inuit a partir do esnaquizamento dun corpo máis grande[4][8][9].
Siarnaq semella estar nunha resonancia secular con Saturno, que incluiría a precesión da súa periapse e a do planeta.[10][1] Os estudos sobre estas resonancias son a chave para entende-los mecanismos para a capturas destas lúas irregulares, e asumindo unha orixe en común a partir dun corpo proxenitor, explicarían a actual dispersión dos elementos orbitais.
1A lonxitude da periapse da eclíptica do satélite e do planeta son fixas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.