From Wikipedia, the free encyclopedia
Kiviuq é unha pequena lúa de movemento directo do planeta Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman no 2000, e déuselle a designación temporal de S/2000 S 5.[6][7] No 2003 recibiría o seu nome oficial, procedente da mitoloxía inuit[8], onde Kiviuq é un lendario e heroico Inuk, unha especie de Ulises Inuit. Tivo un vida longa (ou varias vidas), viaxou polo mundo, vivindo toda sorte de aventuras, os detalles cambia con cada contador de contos tradicional de cada localidade.
Descubrimento[1] | |
---|---|
Descuberta por | B. J. Gladman e o seu equipo. |
Descuberta no | 2000 |
Designación alternativa | Saturno XXIV |
Características orbitais[2] | |
Eixo semi-maior | 11,111 Gm |
Excentricidade | 0,3288 |
Período orbital | 449,22 d (1,23 a) |
Inclinación | 45,71° * |
Características físicas | |
Diámetro medio | 16 km[3] ** |
Período de rotación | ? |
Albedo | 0,04 [3] asumido |
Cor | vermello claro B-V=0,87 R-V=0,66[4]/0,48[5] |
Tipo espectral | D [5] |
Esta lúa é membro do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno. Kiviuq ten ó redor de 16 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media de 11,111 millóns de kms en 450 días, coma se pode comprobar, unha orbita moi semellante á de Ijiraq. No diagrama da esquerda pódese ver graficamente a órbita desta lúa en relación coas outras lúas de movemento directo de Saturno, a excentricidade da órbita está representado polos segmentos amarelos que van dende o pericentro ó apocentro. Kiviuq amosa un vermello claro e o seu espectro infravermello é moi semellante ó de Siarnaq e ó de Paaliaq, o cal soporta a tese dunha posible orixe común do Grupo Inuit a partir do esnaquizamento dun corpo máis grande[5][9].
Pensase que Kiviuq está nunha resonancia Kozai, por exemplo, cando ciclicamente se reduce a inclinación orbital, aumenta a excentricidade e viceversa.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.