actor xaponés (1889-1973) From Wikipedia, the free encyclopedia
Kintaro Hayakawa (早川 金太郎), nado en Minamibōsō o 10 de xuño de 1889 e finado en Toquio o 23 de novembro de 1973, coñecido profesionalmente como Sessue Hayakawa (早川 雪洲), foi un actor e ídolo popular xaponés. Foi unha das maiores estrelas de Hollywood do cinema mudo nas décadas de 1910 e principios de 1920. Hayakawa foi o primeiro actor de orixe asiática que se converteu nunha estrela como protagonista nos Estados Unidos e Europa. A súa "beleza inquietante"[1] xunto cos seus papeis como malvado sexualmente dominante fixeron del un rompecorazóns para as mulleres estadounidenses durante unha época de discriminación racial, facendo del dun dos primeiros sex symbols de Hollywood.[2][3][4]
Nome orixinal | (ja) 早川雪洲 | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||
Nacemento | (ja) 早川 金太郎 10 de xuño de 1889 Chiba, Xapón | ||||||||||||||||
Morte | 23 de novembro de 1973 (84 anos) Toquio, Xapón | ||||||||||||||||
Causa da morte | trombose | ||||||||||||||||
Educación | Universidade de Chicago | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | actor, director de cinema, actor de teatro, guionista, novelista, actor de cinema | ||||||||||||||||
Período de actividade | 1914 - | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Cónxuxe | Tsuru Aoki (1914–1961) | ||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Obálky knih, | ||||||||||||||||
|
Realizou o seu papel revelación en The Cheat (1915), e posteriormente fíxose célebre por interpretar amantes prohibidos. Hayakawa foi unha estrela ben pagada no seu tempo, e gañaba 3500 dólares á semana en 1919[5] e dous millóns grazas á súa propia produtora entre 1918 e 1920.[6] A causa do sentimento antixaponés en auxe e das dificultades nos negocios,[7] Hayakawa abandonou Hollywood en 1922 e actuou en Broadway e no Xapón e Europa durante varios anos antes de regresar a Hollywood con Daughter of the Dragon (1931).[8]
Entre os seus filmes sonoros, Hayakawa probablemente é máis coñecido polo seu papel como o coronel Saito en A ponte sobre o río Kwai (1957), polo que recibiu unha candidatura ao Óscar ao mellor actor secundario.[9] Hayakawa participou en máis de 80 longametraxes, e tres dos seus filmes (The Cheat, The Dragon Painter e A ponte sobre o río Kwai) foron incluídos no National Film Registry dos Estados Unidos.[10][11][12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.