Selección de fútbol da Arxentina
equipo representativo da Arxentina nas competicións oficiais / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de fútbol da Arxentina é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Asociación do Fútbol Arxentino (AFA), pertencente á Conmebol. Xogou o primeiro partido internacional fóra da Arxentina, o 16 de maio de 1901 en Montevideo. Dende aquela a selección arxentina converteuse nun dos equipos máis exitosos do fútbol mundial, sendo campioa en dúas ocasións da Copa do Mundo de Fútbol. O seu primeiro título mundial chegou en 1978, no campionato celebrado no seu propio país, onde superou aos Países Baixos na final. En 1986, liderada por Diego Armando Maradona, considerado como un dos mellores xogadores na historia, a selección arxentina repetiu coroa mundial, despois de derrotar na final a Alemaña Occidental. Ademais, foi finalista noutras tres ocasións (1930, 1990 e 2014). A Arxentina é xunto ao Uruguai, a selección que máis veces gañou a Copa América, lográndoo en quince ocasións. É tamén a selección que máis subcampionatos conseguiu na competición, nunhas catorce oportunidades.
Arxentina | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Asociación do Fútbol Arxentino — AFA | ||
Confederación | CONMEBOL (Suramérica) | ||
Código FIFA | ARG | ||
Alcume | La Albiceleste | ||
Clasificación FIFA | 4 (31 de marzo de 2022) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Lionel Scaloni | ||
Máis encontros | Lionel Messi (162) | ||
Máximo goleador | Lionel Messi (86) | ||
Estrea internacional Uruguai 2 − 3 Arxentina Montevideo, Uruguai; 16 de maio de 1901 | |||
Maior vitoria Arxentina 12 − 0 Ecuador Montevideo, Uruguai; 22 de xaneiro de 1942 | |||
Maior derrota Checoslovaquia 6 − 1 Arxentina Helsingborg, Suecia; 15 de xuño de 1958 Bolivia 6 − 1 Arxentina A Paz, Bolivia; 1 de abril de 2009 España 6 − 1 Arxentina Madrid, España; 27 de marzo de 2018 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 17 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Campións (1978, 1986, 2022) | ||
Copa América | |||
Participacións | 42 (primeira en 1916) | ||
Mellor resultado | Campións (1921, 1925, 1927, 1929, 1937, 1941, 1945, 1946, 1947, 1955, 1957, 1959, 1991, 1993, 2021) | ||
En 1992, o equipo arxentino gañou a primeira edición da Copa Confederacións da FIFA, en tanto que en 1995 como no 2005 disputou a final do torneo. Ademais, a Arxentina é a selección con máis títulos da Copa de Campións CONMEBOL–UEFA, que gañou en 1993 e 2022, diante de Dinamarca e Italia respectivamente.
Nos Xogos Olímpicos a selección arxentina obtivo dúas veces a medalla de ouro, en Atenas 2004 e Pequín 2008. Á súa vez, gañou a medalla de prata en 1928 e en 1996. O seleccionado xuvenil Sub-20 é o máximo campión da Copa Mundial da categoría, con 6 títulos en 1979, 1995, 1997, 2001, 2005 e 2007. Ademais foi finalista na edición de 1983. Arxentina e Francia son as únicas seleccións do mundo que gañaron a Copa Mundial, os Xogos Olímpicos e a Copa Confederacións.
En marzo de 2007 o combinado arxentino alcanzou por primeira vez o posto un na clasificación da FIFA. Aquela mención duroulle só ese mes, aínda que en outubro de 2007 volveu situarse ao tope da clasificación ata xullo de 2008.