Diego Armando Maradona
futbolista arxentino / From Wikipedia, the free encyclopedia
Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020,[1] foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte,[2][3] sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.[4]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou. Os seus logros deportivos víronse moitas veces contrastados pola súa adicción ás drogas e polos diversos feitos xudiciais nos que se viu involucrado.
Finou o 25 de novembro do 2020 na súa residencia particular por mor dun paro cardiorrespiratorio tras ser dado de alta nunha clínica de Buenos Aires, onde fora ingresado de urxencia ao serlle diagnosticado un hematoma subdural polo que foi operado.[5]