especie botánica From Wikipedia, the free encyclopedia
A seixebra [1], Teucrium scorodonia, é unha planta herbácea perenne da familia das Lamiáceas de follas enteiras e flores brancas, amarelas ou avermelladas, agrupadas en inflorescencias. Medra nas zonas temperadas, incluíndo Galiza e adoita usarse coma ornamental[2]. Tamén recibe os nomes de ourego bravo e sarxa brava[3].
Seixebra | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aspecto xeral. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Teucrium scorodonia' L., Sp. Pl., vol.2, p. 564, 1753 |
Arbusto anano viloso, de talos ergueitos e ramosos de até 50 cm ou máis. Follas triangulares-ovadas de baseen forma de corzón, con dentes arredondados, engurrados, peciolados. Flores amarelo-averdadas, raramente brancas ou vermellas, en inflorescencias longas, simples ou ramosas, laxas, espiciformes. Corola de 9 mm, de pelo tipo la, estames moito máis longos. Cáliz acampanado, bilabiado, con labios tomentosos e a metade de longo ca o cáliz, que está curvado e é protuberante no baseamento. Florea a final da primavera e polo verán.
Sotobosque de faiais, sobreirais, caxigais, freixedos, piñeirais, fragas, uceiras, herbeiras, pasteiros montanos, lamazais, lugares húmidos e sombríos, beirís dos camiños e beiras dos regueiros, fendas de rochas, noiros rochosos, lugares abertos e asollados, en substrato silíceo, area ou calcario; medra dende o nivel do mar até 2000 m de altitude. Florea de maio a novembro. Aparece en Galiza e en case toda a Península Ibérica, agás o Levante e o sueste.[4] Distribúese tamén en practicamente por toda Europa, e esténdese até Tunisia polo sur.[5]
Teucrium scorodonia, foi descrita por (Coss. ex Pau) Castrov. & Bayon e publicado en Anales del Jardín Botánico de Madrid 47: 508. 1989[1990].[6]
Teucrium: nome xenérico que deriva do grego τεύχριον, e despois do latín teucri, -ae e teucrion, -ii, usado por Plinio o Vello en Historia naturalis, 26, 35 e 24, 130, para designar o xénero Teucrium, mais tamén o Asplenium ceterach, a douradiña, unha especie de fento (25, 45).[7] Hai outras interpretacións que derivan o nome de Teucri, -ia, -ium, dos troianos, pois Teucro era fillo do río Escamandro e a ninfa Idaia, e foi o antepasado lendario dos troianos, polo que estes últimos a miúdo son chamados de teucrios.[8] Mais tamén Teucrium podería se referir a Teûkros, en latín Teucri, ou sexa Teucro, fillo de Telamón e Hesione e medio-irmán de Ajax, e que loitaron contra Troia durante a guerra do mesmo nome, durante a cal descubriu a planta no mesmo período en que Aquiles, segundo a lenda, descubriu a Achillea.[9]
scorodonia: epíteto derivado do grego σχόρόδον e despois do latín scorodon, -i, os dous significando "allo", pois as follas da planta son aromáticas, con algo de sabor a allo[10][11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.