relixioso galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Sebastián Malvar Pinto, tamén coñecido como o Arcebispo Malvar, nado en Salcedo en novembro de 1730 e finado en Santiago de Compostela o 25 de setembro de 1795, foi un relixioso franciscano galego, bispo de Buenos Aires (1778-1783) e arcebispo de Santiago de Compostela (1783-1795). Foi tío de Andrés, Manuel e Pedro Acuña Malvar.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Sebastián Malvar y Pinto 1730 Salcedo, España |
Morte | 25 de setembro de 1795 (64/65 anos) Santiago de Compostela, España |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
15 de decembro de 1783 – ← Francisco Alejandro de Bocanegra y Xibaja – Felipe Antonio Fernández Vallejo → | |
Bishop of the Port of Buenos Aires (en) | |
19 de outubro de 1777 – ← Manuel Antonio de la Torre (en) – Manuel Azamor y Ramírez (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1778–), curato (pt) |
Orde relixiosa | Ordes franciscanas e Orde dos Freires Menores |
Consagración | Felipe Beltrán Serrano (pt) |
Descrito pola fonte | Dicionario biográfico de Galicia Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Diccionario bio-bibliográfico de escritores |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Foi bautizado o 23 de novembro de 1730.[1] Estudou no convento de San Francisco de Pontevedra e no convento de San Francisco de Ribadavia. Realizou estudos eclesiásticos en Salamanca, cidade onde se ordenou como franciscano o 5 de marzo de 1747. Completou a súa formación anos despois realizando estudos de Teoloxía, e finalmente obtivo o grao de doutor na universidade salmantina e unha cátedra de Teoloxía, o que lle deu renome e fama. En 1777 foi designado para ocupar a sé episcopal de Buenos Aires, a onde viaxou acompañado do seu sobriño sacerdote Pedro Acuña Malvar, e do seu confesor persoal Frei Pedro Guitián Arias.
Unha vez en Buenos Aires, Malvar percorreu o territorio e observou a necesidades de igrexas, polo que ordenou erixir novas parroquias e poboados. As súas primeiras iniciativas á fronte da súa diocese foron encamiñadas a mellorar os costumes e a incrementar a evanxelización, preocupándose tamén por finalizar as obras de reconstrución da catedral porteña. Nos seis anos que permaneceu na diocese o bispo Malvar tivo varios enfrontamentos co vicerrei Juan José de Vértiz y Salcedo –un crioulo con tendencias renovadoras-, así como co cabido catedralicio, por cuestións de preferencia e privilexios.
En 1784 foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, grazas, entre outros méritos, á súa implicación na sufocación da rebelión encabezada polo inca José Gabriel Cordoncanqui (Túpac Amaru II). Na viaxe de regreso, ao desembarcar en Cádiz, protagonizou xunto co seu sobriño un curioso suceso: os funcionarios de aduanas acusáronos de traer, fraudulentamente, na equipaxe que portaban, unha considerable cantidade de barras de ouro sen rexistrar. Para resolver o incidente Malvar doou a mercancía á Coroa, co que quedaba exenta de rexistro. Con todo, ao parecer, o rei devolveulla para que a empregase en obras en Compostela.
O arcebispo Malvar faleceu na capital da súa arquidiocese aos once anos de tomar posesión dela.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.