cidade da Lusitania entre Olisipo e Emerita From Wikipedia, the free encyclopedia
Scalabis (tamén orixinalmente Scallabi Castrum, Præsidium Iulium ou Colonia Scallabis Iulia) foi o antigo nome romano para a cidade portuguesa de Santarém, situada na provincia romana da Lusitania, sita entre Olisipo (hoxe Lisboa) e Augusta Emerita (a actual Mérida). Plinio o Vello indica que era colonia romana ( Praesidium Julium Scalabium ) e sede dun convento xurídico. Tolomeo menciónaa, erradamente, como Σκαλαβίσκος , probabelmente por corrupción de Σκαλαβίς κολ (colonia).
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Rexión histórica | Hispania | |||
Provincia romana | Lusitania | |||
Sucedido por | Santarém | |||
A primeira ocupación humana documentada data do século VIII a. C.[1] Tamén hai evidencias de comercio cos fenicios, favorecido pola súa localización como un posto comercial no río Texo.
Os romanos chegaron a esta rexión no ano 138 a. C. e instaláronse na cidade, co nome de Scallabis, e limitándose á zona fortificada actualmente coñecida como Alcáçova de Santarém.
Unha última designación foi " Scallabis Praesidium Iulium ", dada por Xulio César no 61 a. C.,[2] coa instalación dun campamento militar xunto ás fortificacións anteriores.[3][4] A maioría dos cidadáns estaban entón inscritos na gens romana Sergia.
A cidade converteuse nun dos centros administrativos máis importantes da provincia de Lusitania no século I d. C., como cabeza dun conventus iuridicus, o Conventus Scallabitanus que incluía cidades como Olisipo , Seilium e Conímbriga.[2] Estaba unida por importantes estradas a Olisipo, Bracara Augusta.
En 460 Escalabe foi conquistada por Sunirico (xunto con Nepociano e Teodorico II ) como parte dunha campaña contra os suevos. O dominio romano rematou, coa cidade pasando a formar parte do Reino Visigodo.[5]
Coas invasións alanas e vándalas, a cidade pasou a ser coñecida como " Sancta Irene ", a raíz do nome actual " Santarém ".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.