From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos saurópsidos (Sauropsida) é unha clase (e un clado) de vertebrados amniotas ao que pertencen a maior parte dos réptiles, e tamén as aves.
Saurópsidos Sauropsida Rango fósil: carbonífero - actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Diversos saurópsidos actuais. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subclases | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
É un grupo monofilético de animais irmán dos sinápsidos, hoxe en día representado só polos mamíferos, con que forman o taxon dos amniotas.
Na actualidade existen cerca de 9 000 especies de réptiles e case 10 000 de aves.[1]
O grupo foi descrito en 1864 polo biólogo británico Thomas Henry Huxley.[2]
O nome científico Sauropsida está formado polos elementos do latín científico saur- e -ops, ambos tirados tirados do grego antigo σαῦρος saũros, "lagarto", e ὤψ ōps, "aparencia", co sufixo latino -ida indicando plural.[3] Literalmente, "os que se parecen aos lagartos".
A clase subdivísese nas dúas subclases seguintes:
Ademais de polo nome Sauropsida en moitas clasificacións utilízase o sinónimo:[4]
Algúns caracteres propios dos saurópsidos son:[5]
O primeiro en propoñer esta relación entre réptiles e aves foi Thomas Huxley en 1864, ao mesmo tempo de propoñer a súa teoría de que as aves evolucionaron a partir de dinosauros, a cal actualmente é aceptada polos paleontólogos.[6]
Os saurópsidos son unha das dúas grandes ramas evolutivas dos amniotas (a outra gran rama é a dos sinápsidos, que conduciu até os mamíferos).
Orixináronse a partir de tetrápodos primitivos no período carbonífero, diversificándose durante os períodos posteriores.
Os fósiles máis antigos coñecidos dos saurópsidos, claramente distinguidos dos mamíferos, datan de aproximadamente hai 312 millóns de anos (Ma). Os saurópsidos, principalmente os dinosauros, formaron a maior parte dos grandes animais mesozoicos até a transición Cretáceo-Terciario, hai 65 Ma. Despois desta crise, os mamíferos ouparon os seus nichos ecolóxicos, pero non os das aves, que tamén se diversificaron nesa época.
Os réptiles en sentido estrito, é dicir, sen as aves, forman un grupo parafilético que, polo tanto, non é relevante para avaliar o grao de parentesco entre as súas especies. Non podemos dicir, por exemplo, que un réptil estea máis cerca doutro réptil que dunha ave: os crocodilos, por exemplo, están xenealoxicamente máis cerca das aves que dos lagartos. Os réptiles son, polo tanto, máis ben un grao evolutivo.
O grupo dose saurópsidos, por outro lado, sendo holofilético, indica que todos os animais que pertencen a eles teñen o mesmo parentesco exclusivo, e non prexulga os diferentes graos de parentesco entre as especies dentro do grupo.
A categoría réptiles foi abandonada nas clasificacións cladísticas. Os investigadores evolutivos, pola súa parte, continúan usando a definición clásica e acéptana como un taxon por dereito propio (a parafilia non é rexeitada nesta escola de taxonomía).
Sauropsida
|--Anapsida | |--Mesosauridae (extinguidos) | `--Parareptilia | |--Millerettidae (extinguidos) | |--Bolosauridae (extinguidos) | `--Procolophonomorpha | |--Procolophonia | | |--Procolophonidae (extinguidos) | | `--Pareiasauridae (extingu'dos) | `?-Testudines (tartarugas) `--Eureptilia |--Captorhinidae (extinguidos) `--Romeriida |--Protorothyrididae (extinguidos) `--Diapsida |--Araeoscelidia (extinguidos) |--Avicephala (extinguidos) `--Neodiapsida |?-Younginiformes (extinguidos) `--+--Lepidosauromorpha | |?-Euryapsida | | |?-Sauropterygia (extinguidos) | | `?-Ichthyopterygia (extinguidos) | `--Lepidosauriformes | `--Lepidosauria | |--Sphenodontidae (inclúen as tuataras) | `--Squamata (inclúen os lagartos, mosasauros e as serpentes) `--Archosauromorpha |?-Choristodera (extinguidos) |--Trilophosauridae (extinguidos) |--Rhynchosauridae (extinguidos) |--Prolacertiformes (extinguidos) `--Archosauriformes |--Proterosuchidae (extinguidos) |?-Erythrosuchidae (extinguidos) |--Euparkeriidae (extinguidos) `--+--Proterochampsidae `--Archosauria |--Crurotarsi (inclúen os crocodilos) `--Ornithodira |--Pterosauromorpha (extinguidos) `--Dinosauromorpha (inclúen os dinosauros, e as aves)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.