Avemetatarsalia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Avemetatarsalia (avemetatarsalios) é o nome dun clado establecido polo paleontólogo británico Michael Benton en 1999 para referirse a todo o grupo coroa dos arcosauros que están máis próximos ás aves que aos crocodilos.[1] Inclúe un subgrupo definido de forma similar, os Ornithodira. Un nome alternativo é Pan-Aves, que contén todos os animais, vivos ou extintos, que están máis relacionados coas aves que cos crocodilos. Outro termo similar que se definiu en 1986 cunha composición semellante foi o de Ornitosuchia.
Avemetatarsalios Rango fósil: Triásico medio–Presente (desde hai 245 millóns de anos, cun posible rexistro do Triásico temperán) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En sentido das agullas do reloxio desde arriba á esquerda: Tupuxuara leonardi (un pterosauro), Alamosaurus sanjuanensis, (un saurópodo), Tsintaosaurus spinorhinus (un ornitópodo), Daspletosaurus torosus (un tiranosauro), Pentaceratops sternbergii (un ceratopsio), e a grúa Grus grus (unha ave existente). | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subgrupos | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Os membros deste grupo son os Dinosauromorpha, Pterosauromorpha, o xénero Scleromochlus e Aphanosauria. Os dinosauromorfos conteñen as formas máis basais, incluíndo Lagerpeton e Marasuchus, e tamén formas máis derivadas, como os dinosauros; as aves, segundo a maioría dos científicos modernos, pertencen a estes últimos como membros dos terópodos. Os pterosauromorfos conteñen Pterosauria, os cales polo que se sabe foron os primeiros vertebrados con capacidade de voo verdadeiro. Os afanosauros son un grupo recoñecido recentemente de arcosauros da liña aviaria carnívoros cuadrúpedes exclusivos do Triásico.[2]