![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/83/Stemgroups_Rev.png/640px-Stemgroups_Rev.png&w=640&q=50)
Grupo coroa
From Wikipedia, the free encyclopedia
En filoxenética, o grupo coroa dun conxunto de especies consiste nos representantes vivos do conxunto xunto cos seus antepasados ata o seu antepasado común máis recente e tamén os descendentes do antepasado. Forma así un clado, un grupo que consiste nunha especie e todos os seus descendentes.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/83/Stemgroups_Rev.png/640px-Stemgroups_Rev.png)
O concepto foi desenvolvido por Willi Hennig, o formulador da filoxenia sistemática, como un modo de clasificar os organismos vivos en relación cos seus parentes extintos na súa obra "Die Stammesgeschichte der Insekten",[1] e a terminoloxía grupo "coroa" e "tronco" foi acuñada por R. P. S. Jefferies en 1979.[2] Aínda que formulado na década de 1970, o termo non se utilizou comunmente ata a súa reintrodución en 2000 por Graham Budd e Sören Jensen.[3]