Triásico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Triásico é un dos tres períodos xeolóxicos da Era Mesozoica; comezou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos e acabou hai 199,6 ± 0,6 millóns de anos.[1]. Como ocorre coa maioría dos períodos xeolóxicos, as datas exactas de inicio e fin do período son incertas por uns poucos millóns de anos. No caso deste período, tanto o inicio e como o final están marcados por importantes eventos de extinción: a extinción masiva do Permiano-Triásico e a do Triásico-Xurásico.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
< | Eón Fanerozoico | | ||
---|---|---|
| ||
Os primeiros mamíferos, os cales evolucionaron dos sinápsidos (antes chamados réptiles mamiferoides), deron a súa aparición neste período, posiblemente polos cambios de clima que se fixeron e a deriva continental, que motivaron a gran Regresión mariña do Triásico: todas as terras uníronse para formar o supercontinente Panxea (dividido novamente a principios do Xurásico, na maneira inversa dunha transgresión mariña (por iso pasaron a predominar os carbonatos).
Caracterízase fundamentalmente pola aparición dos primeiros dinosauros, inicialmente representados por formas bípedes, carnívoras e de pequeno tamaño. Porén, a finais do período xa se diversificaron a grande escala e convertéronse nos vertebrados dominantes en todo o planeta, levando á extinción a grupos anteriores como os arcosauros máis primitivos e os propios réptiles mamiferoides con escasas excepcións.