parroquia civil do concello de Cerdedo-Cotobade From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xurxo de Sacos é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 519 habitantes (262 homes e 257 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2006, cando tiña 610 habitantes.
San Xurxo de Sacos | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°30′36″N 8°31′14″O |
Área | 12,5 km² |
Poboación | 499 hab. (2019) |
Densidade | 39,92 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia, no lugar de Fentáns, atópase a coñecida como Pedra das Ferraduras, unha gran rocha de granito que presenta unha combinación de círculos concéntricos e no seu anel exterior pegadas de cérvidos e bóvidos; un bo exemplo dos petróglifos do val do río Lérez. Tamén a Laxe do Cuco, da idade de bronce, con figuras de cérvidos e combinacións circulares e a Pedra do Lombo da Costa, con máis de 30 metros cadrados e máis de 20 rochas gravadas. Tamén se atopa nesta parroquia a Eira dos Mouros, outro petróglifo que xa foi documentado por Murguía na súa obra Historia de Galicia.
Cruzando o río Lérez, está a ponte de San Xurxo, ponte de cantería do século XVIII con arco de medio punto. Tamén existe unha antiga reitoral dos séculos XVII-XVIII, convertida nunha casa rural.
A súa igrexa parroquial está no lugar de Fontán. Hai tamén tres pequenas capelas en Cuspedriños, Fentáns e na Carballeira do San Xusto.
Lugares da parroquia de San Xurxo de Sacos no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Barbeitos | Calva da Viña | Cuspedriños | Cutián | Fentáns | Fontán | Lombo do Muíño | A Longa | Mirón | O Outeiro | San Xurxo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.