Fentáns, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade
lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello de Cerdedo-Cotobade From Wikipedia, the free encyclopedia
lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello de Cerdedo-Cotobade From Wikipedia, the free encyclopedia
Fentáns é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[1], en 2015 tiña 67 habitantes (33 homes e 34 mulleres), o que supón un descenso de 6 persoas respecto ó ano 2006.
Fentáns | |
---|---|
Capela da Nosa Señora de Lixó | |
Parroquia | San Xurxo de Sacos |
Concello | Cerdedo-Cotobade |
Coordenadas | 42°31′36″N 8°31′23″O |
Poboación | 67 hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
É a única parte do concello na beira dereita do río Lérez. Para chegar alí antigamente cruzábase pola ponte de San Xurxo, do século XVIII, pero no ano 2002 fíxose unha nova pola que pode pasar o tráfico rodado.
Neste lugar está a capela da Nosa Señora de Lixó e a Virxe dos Remedios, a carón dun peto de ánimas e do cruceiro de Lixó.
Pero o lugar destaca especialmente polo alto número de restos arqueolóxicos. Entre todos eles destaca a Pedra das Ferraduras, pero tamén están o petróglifo do Outeiro do Morcego (5 grupos), o do Coto da Braña, o do Outeiro da Besta, a Laxe dos Cervos, a Chan do Rapadoiro, o Coto do Rapadoiro, a do Camiño da Balboa, e os petróglifos de Lixó. Son da Idade de bronce, con inscricións de cazoletas, de figuras circulares e zoomórficas (de cervos).
Lugares da parroquia de San Xurxo de Sacos no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Barbeitos | Calva da Viña | Cuspedriños | Cutián | Fentáns | Fontán | Lombo do Muíño | A Longa | Mirón | O Outeiro | San Xurxo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.