estación orbital soviética From Wikipedia, the free encyclopedia
Saliut 6, tamén coñecida como DOS-5, foi a terceira estación espacial civil soviética lanzada con éxito. Partiu cara ao espazo o 29 de setembro de 1977 mediante un foguete Proton K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][5][6]
Saliut 6 / DOS-5 | |
---|---|
Esquema da Saliut 6. | |
Tipo | Científico / tecnolóxico / tripulado |
Contratistas principais | NPO Energia |
Data de lanzamento | 29 de setembro de 1977, 6:50 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Proton K[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur, rampla 81/24[2][6] |
Obxectivo da misión | Comprobación dos sistemas e elementos da estación espacial, estudo do efecto no corpo humano de estancias prolongadas no espazo.[2][6] |
Decaemento | 29 de xullo de 1982[1] |
NSSDC ID | 1977-097A |
Masa | 19.824 kg[6] |
Saliut 6 foi unha estación espacial de tipo DOS (acrónimo en ruso de Dolgovremennaya Orbitalnaya Stanziya, estación espacial duradeira) de segunda xeración, derivada das estacións militares do proxecto Almaz. Foi deseñada para estancias de longa duración a diferenza das estacións previas, para o cal contaba con dous portos de atraque, o que permitía o acoplamento dunha nave tripulada Soiuz e ao mesmo tempo a visita de naves de carga automáticas Progress ou incluso doutra nave tripulada. A súa masa no momento do lanzamento era de 19.824 kg.[2][5][6]
Saliut 6 foi a estación espacial máis visitada e de máis longa duración antes da estación espacial Mir. Recibiu a visita de 16 cosmonautas, algúns deles de países aliñados coa Unión Soviética, como Cuba ou Checoslovaquia. A estancia máis prolongada foi de 185 días. A primeira estancia de longa duración foi de 96 días, batendo o récord establecido en 1974 por unha das tripulacións da estación espacial estadounidense Skylab. Durante a vida da estación (estivo 4 anos e 10 meses en órbita) recibiu a doce naves de carga Progress que en total transportaron 20 toneladas de material entre subministracións, equipamento e propelente. Recibiu tamén a visita da nave experimental de carga Kosmos 1267, pensada inicialmente para as estacións Almaz e que demostrou que era posible acoplar automaticamente grandes módulos coa estación, paso previo á creación de estacións multimodulares como a Mir ou a Estación Espacial Internacional.[2][5][6]
A estación tivo en total seis tripulacións residentes:[2][5][6]
Ademais das tripulacións residentes, a estación recibiu a visita de 10 misións de curta duración.[2][5][6]
Saliut 6 acabou reentrando na atmosfera o 29 de xullo de 1982[2][5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.