![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/67/HRR_1789.png/640px-HRR_1789.png&w=640&q=50)
Sacro Imperio Romano Xermánico
entidade política da Europa occidental e central na Idade Media / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sacro Imperio Romano Xermánico ou sinxelamente Sacro Imperio (en alemán: Heiliges Römisches Reich Deutscher Nation "Sacro Imperio Romano da Nación Alemá", en latín: Sacrum Romanum Imperium Nationis Germaniae "Sacro Imperio Romano das Nacións Xermánicas") foi a unión política dun conglomerado de estados da Europa central, que se mantivo dende a Idade Media até inicios da Idade Contemporánea.
Sacrum Imperium Romanum (la) ![]() | |||||
Himno | Gott erhalte Franz den Kaiser (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Imperio Romano ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Aquisgrán (962–1346) Praga (1346–1437) Viena (1497–) Praga (1583–1611) Ratisbona (1594–) Wetzlar (1689–) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 40.000.000 (1806) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua latina lingua alemá lingua italiana lingua checa lingua húngara lingua polaca ![]() | ||||
Relixión | Igrexa católica, luteranismo, Calvinismo e catolicismo ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Cronoloxía | |||||
Disolución | 6 de agosto de 1806 ![]() | ||||
Sucedido por | Confederación do Rin, Reino de Prusia e Imperio Austríaco ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía electiva monarquia federal (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Imperial Diet (en) ![]() ![]() | ||||
Moeda | ducado ![]() | ||||
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Sacro Imperio Romano Xermánico |
Formado en 962 da parte oriental das tres en que se repartiu o reino franco de Carlomagno en 843 mediante o tratado de Verdún, o Sacro Imperio foi a entidade predominante de Europa central durante case un milenio, até a súa disolución en 1806 por Napoleón Bonaparte.[1][2]
Cando a elección como emperador de Carlos V (28 de xuño de 1519) ademais dos territorios alemáns e de Holstein e Prusia, que con Riga chegaba até o golfo de Finlandia, o Sacro Imperio comprendía Bohemia, Moravia e Silesia, alcanzando con Krajina as costas do mar Adriático; polo oeste, pertencían a el, o condado libre de Borgoña (ou Franco Condado) e Savoia, aos que se sumaban Xénova, Lombardía e Toscana en terras italianas. Tamén estaban integrados no Imperio a maior parte dos Países Baixos, coa excepción do Artois e Flandres, ao oeste do río Escalda. Partindo do norte dos Alpes, levaba todo un mes atravesar o territorio imperial en sentido norte-sur ou leste-oeste.[3][4]
A denominación do Sacro Imperio variou considerabelmente ao longo dos séculos. En 1034 utilizábase a fórmula Imperio Romano para referirse ás terras baixo dominio de Conrado II e non foi até 1157, durante o reinado de Frederico I Barbarroxa, en que se empezou a usar o termo Sacro Imperio. Doutra banda, o uso do termo Emperador Romano facía referencia aos gobernadores das terras europeas do norte e comezou a usarse con Otón II (emperador entre 973 e 983). Os emperadores anteriores, dende Carlomagno (morto en 814) até Otón I o Grande (emperador entre 962 e 973), utilizaran simplemente o título de Imperator Augustus (Emperador Augusto). O termo Sacro Imperio Romano comeza a ser utilizado a partir de 1254; e o termo Sacro Imperio Romano Xermánico data de 1512, logo de moitas variacións nos últimos anos do século XV.[4][5][6][7]