Ducado (moeda)
antiga moeda europea de prata e de ouro / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ducado foi unha moeda cuñada en ouro e en prata que se utilizou en Europa a modo de moeda global desde finais da Idade Media ata entrado o século XX.[1][2][3][4]
- Para a acepción de ducado como o territorio rexido por un duque, véxase Duque
Ao longo dese período tan amplo emitíronse ducados con diferentes valores en función do grao de pureza dos metais empregados na súa cuñaxe. O ducado de ouro de Venecia foi o primeiro en acadar unha ampla aceptación internacional, á maneira do hyperpyron bizantino, o florín florentino ou, máis modernamente, a libra esterlina británica ou o dólar dos Estados Unidos.[5]