misión do transbordador espacial Discovery From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-131 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 5 de abril de 2010 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-131 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-131 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 5 de abril de 2010, 10:21 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 15,12 días[6] |
Obxectivo da misión | Construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 20 de abril de 2010[6] |
Sitio de regreso | Cabo Cañaveral |
NSSDC ID | 2010-012A |
STS-131, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Alan Poindexter, o piloto James P. Dutton e os especialistas de misión Dorothy Metcalf-Lindenburger, Rick Mastracchio, Naoko Yamazaki, Clayton Anderson e Stephanie Wilson.[3][5][6][7]
O Discovery levou 7700 kg de subministracións, material e equipamento no módulo loxístico multipropósito (MPLM) Leonardo. A tripulación fixo tres paseos espaciais durante os que substituíron un tanque de amoníaco para refrixeración, recolleron un experimento xaponés no exterior da estación e apagaron un xiroscopio.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 20 de abril de 2010.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.