From Wikipedia, the free encyclopedia
O SNCASE SE.161 Languedoc foi un avión de pasexeiros catrimotor francés producido por SNCASE (Sud-Est). Desenvolvido a partir do Bloch MB.160 e coñecido a finais dos anos 30 como o (SNCSO) Bloch MB.161, o SE.161 estivo en servizo con Air France e os militares franceses tras a segunda guerra mundial.
SNCASE Languedoc | |
---|---|
Tipo | avión de pasaxeiros |
Fabricante | SNCASE |
Deseñado por | Marcel Bloch |
Primeiro voo | 15 de decembro de 1939 |
Introducido | 1946 |
Retirado | 1964 |
Principais usuarios | Air France Forza Aérea de Francia Armada de Francia |
Produción | 1945 - 1948 |
Unidades construídas | 100 |
En 1936 Air Afrique necesitaba un novo avión de pasaxeiros para os seus servizos africanos. Marcel Bloch propuxo un desenvolvemento do seu avión Bloch MB.160, o Bloch MB.161, que tras a segunda guerra mundial converteuse no SNCASE SE.161 Languedoc. Os traballos de deseño do novo avión comezaron en 1937.[1] O prototipo, F-ARTV, voou por vez primeira o 15 de decembro de 1939. Estaba impulsado por catro motores radiais Gnome-Rhône 14N de 1 020 cabalos cada un.[1] O avión pasou por un lento programa de desenvolvemento e os voos de proba non estiveron completos ata xaneiro de 1942.[2] O goberno da Francia de Vichy realizou un pedido por 20 unidades en decembro de 1941,[3] pero ningún deles chegou a construírse.[2] O programa quedou finalmente abandonado tras o bombardeo aliado da factoría de Saint-Martin-du-Touch, Alta Garona en 1944.[1]
Tras a liberación de Francia o goberno provisional liderado polo xeneral De Gaulle autorizou a reanudación da aprodución voando o primeiro exemplar da primeira serie de produción, designada SE.161 e co rexistro F-BATA, o 25 de agosto ou o 17 de setembro[1] de 1945.[2] Un lote inicial de 40 exemplares de produción foi completado para Air France entre outubro de 1945 e abril de 1948.[4]
O Languedoc era un avión de pasaxeiros monoplano de á baixa cantilever con catro motores e dúas derivas de construción metálica. Tiña unha tripulación de cinco persoas (piloto, copiloto/navegante, operador de radio, enxeñeiro de voo e asistente de cabina). A cabina estándar tiña espazo para 33 pasaxeiros sentados en 11 filas de 3, dúas a estribor e unha a babor. Un arranxo alternativo nunha primeira clase tiña 24 asentos. Air France introduciu unha versión de alta densidade con 44 asentos en 1951.[5]
O Languedoc tiña un tren de cola retractable coas rodas principais baixo as ás e estaba impulsado por catro motores radiais Gnome-Rhône 14N 44/45 ou 54/55 de 1 020 cabalos en góndolas nos bordos de ataque das ás, con convertibilidade parcial a pistóns en liña refrixerados por auga.
Construíronse un total de 100 exemplares para Air France, a Forza Aérea de Francia e a Armada de Francia. Varios exemplares usáronse como avións de proba en Villacoublay. O único cliente de exportación de avión de nova produción foi a aeroliña polaca LOT, que mercou cinco unidades, algúns deles equipados con motores radiais Pratt & Whitney R-1830 Twin Wasp.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.