especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O sándalo[2], Santalum álbum é unha especie botánica, unha árbore de gran tamaño, da familia das santaláceas, de follas elípticas e opostas, flores pequenas, en acio ou axilares, e froito parecido á cereixa. Medra no sur de Asia e Oceanía. A súa madeira emprégase en ebanistaría e proporciona unha esencia aromática[3].
Sándalo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Santalum album L. |
A madeira aromática desta árbore tamén recibe o mesmo nome[4] e é coñecida por usarse para tallar esculturas e porque dela obtéñense óleos volátiles usados en perfumaría. O sándalo orixinario da India é o que produce a mellor madeira e os mellores óleos aromatizantes.
Na India, o sándalo considéranse unha árbore sagrada e o goberno declarouna "propiedade nacional" para preservala da corta indiscriminada. Só se permite a corta cando o exemplar posúe máis de trinta anos, momento no que naturalmente comeza a morrer. Un tronco de sándalo demora 25 anos para adquirir un diámetro de 6 cm.
É unha árbore hemiparásita, nativa das áreas semiáridas da India. Plántase hoxe en día ademais de na India, na China, Sri Lanka, Indonesia, Malaisia, as Filipinas e o norte de Australia.
A madeira do sándalo, acabada de cortar, presenta unha coloración amarela, porén co tempo adquire unha coloración marrón máis escura. Cando seca, non racha; é de doado tratamento en carpintaría e fumega con facilidade. É unha madeira dura, de densidade 950 kg/m³ , que seca amodo, e é resistente a fungos e insectos.
Os óleos obtidos da destilación da casca da madeira, do seu miolo e das raíces utilízanse en perfumaría.
Úsase en rituais como aromatizante (incenso) para acadar a harmonía espiritual.
A madeira pode ser usada para producir esculturas, caixas, peites e outros objetos pequenos. Tamén é moi utilizada na confección dos mala, os rosarios hindús utilizados para meditación, ascensión espiritual e protección enerxética.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.