From Wikipedia, the free encyclopedia
A rupia[1] (en hindi e urdú: रुपया, transl. rupayā, do sánscrito rúpya, rūpyakam, "moeda de prata") é o nome común das moedas oficiais da India, Paquistán, Sri Lanka, o Nepal, Mauricio, Seychelles, Indonesia e as Maldivas.
Divídese en cen unidades, denominadas centavos nas illas Seychelles, Mauricio e Sri Lanka; paise (singular: paisa) na India, Paquistán e o Nepal; sen en Indonesia; laaris nas Maldivas. O símbolo xenérico é ₨ ou Rs, con variacións nacionais. Para diferenciar das demais rupias, a india introduciu o símbolo en 2011.[2]
A rupia tamén foi usada pola Nintendo como moeda en forma de xemas na serie de xogos: The Legend of Zelda
A orixe da palabra "rupia" é o termo sánscrito rūp ou rūpā ("prata"), da cal deriva rúpya ("prata amoedada") e rūpyakam (devanágari: रूप्यकम्), "moeda de prata".[3] O seu primeiro rexistro en portugués é de 1608.
A variante Rūpaya foi usada para a moeda creada no século XVI por Sher Shah Suri,[4] un afgán que reinou por un breve período (1540 a 1545) en Delhi. A Rūpaya orixinal era unha moeda de prata cuxo peso correspondía a 178 grans ou 11,5344 gramos.[5] A moeda circulou dende entón, até mesmo durante o período da India Británica, con 11,66 gramos e 91,7% de contido de prata por peso (isto é, prata no valor de cerca de US$ 4 en prezos actuais). Ó final do século XIX, a taxa de cambio usual era de 1 rupia para 1 xilin e 4 peniques británicos, ou 1/15 da libra esterlina.
O uso da prata como padrón tivo consecuencias serias no século XIX, cando as maiores economías do mundo adoptaban o padrón ouro. O descubrimento de grandes cantidades de prata nos Estados Unidos e en colonias europeas resultou no declive do valor da prata en relación ó ouro. Por este motivo, a moeda-padrón da India perdeu valor en relación ó resto do mundo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.