Rodeiro
concello da comarca de Deza, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca de Deza, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2022 tiña 2.317 habitantes. O xentilicio é rodeirao/á ou cambote/-a[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | Rodeiro | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.260 (2023) (14,66 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 154,2 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Luis Camiñas Vázquez (2023–) | ||||
Eleccións municipais en Rodeiro | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36530 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36047 | ||||
Páxina web | rodeiro.gal |
Rodeiro é un topónimo latino que se refire aos cumes circulares, como poden ser os outeiros ou as localizacións de castros.[2][3][4]
Está situado no centro de Galicia, ao nordeste da provincia de Pontevedra, nas terras altas da dorsal galega. Ten 154,2 km², e conta con 146 entidades de poboación repartidas entre 20 parroquias.
Cara ao leste o concello está orientado á serra do Faro, con cumios de máis de 1.000 m de altitude. Cara ao oeste, está o curso alto do río Arnego e o val de Camba, cunha altitude media entre os 600 e os 700 metros.
Censo total | 2700 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 205 (7,59 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1490 (55,18 %) |
Maiores de 65 anos | 1005 (37,22 %) |
Evolución da poboación de Rodeiro Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7.066 | 6.978 | 8.181 | 4.797 | 3.553 | 3.143 | 3.034 | 2.931 | 2.844 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
No ano 832 Afonso II cedeu a Salvador de Oviedo o goberno de varias igrexas da zona, aínda que baixo a autoridade do bispo de Lugo, para pagar o censo eclesiástico. Nesa época xa se coñece a zona como Terra de Camba.
A vila de Rodeiro naceu ao amparo dunha antiga fortaleza medieval, da que apenas quedan restos. A Casa - Fortaleza de Camba aparece mencionada no século XIV no testamento de Andrés Sánchez de Gres, a quen lla legara seu tío Afonso Sánchez a condición de formar vínculo con ela.
En 1345 a fortaleza foi vendida por Alonso Suárez de Deza, "Churruchao", xunto con outras propiedades que a súa esposa, Maior Vázquez de Rodeiro, recibira do seu pai, Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho IV de Castela e Fernando III. Logo de ser confiscada aos Churruchaos, pasou a ser o baluarte máis importante da mitra compostelá na bisbarra. Fernando de Camba, señor da fortaleza de Seoane de Camba, participou na toma de Granada no 1492.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rodeiro vexa: Lugares de Rodeiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.