Comarca de Deza

comarca de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia

Comarca de Dezamap

A comarca de Deza[1] é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Datos rápidos Localización, Contén a división administrativa ...
Comarca de Deza
Thumb
Fervenzas do río Toxa.

Localización
Thumb Thumb
 42°42′N 8°06′O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación40.046 (2020) (39 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.026,74 km²

Pechar

Xeografía

Situación

A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes.

Orografía

A comarca está estruturada pola dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, da Martiñá ao sur, do Candán ao oeste coa e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago ao norte. O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado Decense no seo da diocese de Lugo.

Hidrografía

Os ríos Deza e Arnego, afluentes do Ulla, cruzan paralelos á comarca do sur ao norte. O Deza e o seu afluente, o Asneiro, nacen no monte Testeiro; o Arnego nace na Serra de Faro. A estes úneselles o río Toxa, que baixa desde o Candán, e na súa caída ao Deza forma unha das máis significativas fervenzas de Galicia (fervenza do Toxa).

Clima

Caracterízase por un clima atlántico, sen temperaturas extremas nin en inverno nin en verán, con paisaxes fluviais que permiten o desenvolvemento de especies vexetais mediterráneas e o cultivo de vides, limoeiros etc.

Demografía

A comarca do Deza contaba en 2020 con 40.046 habitantes.

Máis información Padrón municipal 2020, 40.046 habitantes ...
Padrón municipal 2020 40.046 habitantes[2]
Menores de 15 anos 4.430 (11,06 %)
Entre 16 e 64 anos 23.936 (59,77 %)
Maiores de 65 anos 11.680 (29,17 %)
Pechar

As principais entidades de poboación no 2020 eran:[3]

Por concellos, Lalín é o máis poboado, seguido de Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e o menos poboado dos seis é Dozón.

Máis información Concello, Poboación (2020) ...
ConcelloPoboación[4] (2020)
Lalín20.207
Silleda8.861
Vila de Cruces5.208
Rodeiro2.393
Agolada2.304
Dozón1.073
Total40.046
Pechar

Historia

Thumb
Carta xeométrica de Galicia co topónimo Tierra de Deza

Os límites do Deza só experimentaron cambios insignificantes ao longo dos séculos e xa antes do século VI tiveron unha densidade de poboación relativamente alta.

Pouco ten chegado aos nosos días dos séculos da Alta Idade Media, nos que se sucederon os gobernos dos suevos, os visigodos e nos últimos momentos destes tempos foi gobernado por diversos nobres no nome do rei, ata que no ano 1165 Fernando II doou as terras á Igrexa de Santiago como ofrenda ao Apóstolo Santiago. Porén a maioría das parroquias seguiron a depender da sé lucense, dependencia herdada dende tempos dos romanos.

Seis freguesías da comarca son mencionadas no testamento do bispo Odoario como repoboadas por el a mediados do século VIII.

Thumb
Mosteiro de Carboeiro.

Entre os séculos X a XII os vales da confluencia dos ríos Ulla e Deza acollen a unha numerosa poboación ermitá e monástica. Por varias fontes téñense testemuñas da existencia de mosteiros e cenobios nos lugares de: Picosacro, San Xoán da Cova, Ledesma, San Xusto de Cornado, Brandaríz, Piloño, Alcobre, Camanzo, Oirós, San Martín do Hermo (Losón), Madriñán, Ansemil...

Nesta especie de Ribeira Sacra do Ulla foi onde floreceu o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, aló polo ano 936.

Cultura

Toponimia

Existen as etimoloxías populares que lle atribúen o nome da comarca a Dhais, fillo de Brigo ou ao xeneral romano Décimo Xunio Bruto, que iniciou a incorporación da Gallaecia ao Imperio Romano a mediados do século II a.C. Pode que veña do substantivo latino decius, que significa 'dono de terras'.

Agrupacións musicais

Terra de gran tradición musical, nesta comarca formáronse preto de trinta bandas de música, a maioría no século XIX, aínda que na actualidade só se atopan en activo nove agrupacións.

Concellos

Política e goberno

Thumb
Partidos na alcaldía de cada concello tras as eleccións municipais do ano 2015.      PSdeG      PPdeG      CxG

Tras as eleccións municipais do ano 2019, o PP gobernou os concellos de Dozón[5], Lalín[6] e Rodeiro[7], o PSdeG-PSOE o de Silleda[8], o Partido Anticorrupción Y Justicia o concello de Agolada[9], e Xuntos Polo Noso Concello o de Vila de Cruces[10].

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Deza

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.