Serra do Candán

serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo; e zona especial de conservación From Wikipedia, the free encyclopedia

Serra do Candánmap

A serra do Candán é unha serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Atópase na dorsal galega e é onde nacen os ríos Lérez, o Umia e varios afluentes do Deza. É unha zona especial de conservación (ZEC).[1]

No outono do cerne Candán
deitan as fontes do Lérez:
no baixo, ao pé do regato
sorrí a Santiña de Montes
nun convento destellado
Datos rápidos Tipo, Localización ...
Serra do Candán
Thumb
Tiposerra
Zona de especial conservación
espazo natural protexido
Zonas de especial protección dos valores naturais
Localización
División administrativaForcarei, España, Lalín, España, Silleda, España, Beariz, España e O Irixo, España
Thumb
 42°06′06″N 8°04′04″O
CordilleiraDorsal galega
Características
Superficie10.746,89081 ha
World Database on Protected Areas
Identificador 349434
Área protexida da rede Natura 2000
Identificador ES1140013
Historia
Data de creación ou fundación2004
Pechar

Características

A maior parte das rochas da serra está constituídas por granitos e xistos, morfoloxicamente a superficie é achairada, a súa orientación é paralela á costa o que fai que sexa responsable do coñecido como efecto Föhn que fai que as frontes húmidas procedentes do Atlántico ascendan ao chegar á vertente occidental da serra do Candán, arrefriando ao ter que elevarse e como consecuencia condénsanse a auga, que descarga como chuvia antes de chegar ao cume, mentres a vertente do sotavento recibe o aire fresco que vai quecendo ao perder altura.

Cumes

Os principais cumes son o Alto de San Bieito -tamén chamado monte de San Bento- (1017 metros), O Coco (969 metros), Seixiños Brancos (905 metros), Chamor (815 metros) e Alto de San Sebastián (750 metros). A serra do Candán está incluída na Rede Natura pola riqueza dos seus ecosistemas, que varían desde os bosques de galería e as fragas nas zonas de menos altitude e nas ribeiras dos ríos, ata o monte baixo de toxo, carqueixa, queiroga e xesta. Entre a fauna presente no Candán destacan especies en perigo de extinción como o bufo real e a aguia real, xunto con especies máis comúns como o azor, o miñato, a curuxa, o lobo, o gato bravo, a denosiña e o raposo.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.