From Wikipedia, the free encyclopedia
Finlandia está dividida en 19 rexións, denominadas en lingua finesa maakunta e en sueco andskap. As rexións están gobernadas por consellos rexionais, que serven como foros de cooperación para os concellos da rexión. As principais funcións das rexións son os plans rexionais e o desenvolvemento de empresas e da educación. Ademais, os servizos da sanidade pública adoitan organizarse en base ás rexións. Actualmente a única rexión na que se celebra unha elección popular para o cosello é Kainuu. Outros consellos rexionais son elixidos polos consellos municipais, enviando cada consello municipal representantes en proporción á súa poboación.
Ademais da cooperación intermunicipal, que é responsabilidade dos consellos rexionais, hai 15 Centros de Desenvolvemento Económico, Transporte e Medio Ambiente (en finés: elinkeino-, liikenne- ja ympäristökeskus, abreviado ely-keskus), que é responsable da administración local de traballo, agricultura, pesca, bosques e asuntos empresariais. Cada un deles é responsable dunha ou máis rexións de Finlandia, e inclúe oficinas do Ministerio de Traballo e Economía, Transporte e Comunicacións, e Medio Ambiente. As oficinas das Forzas Armadas Finlandesas son responsables dos preparativos de defensa e da administración do servizo militar obrigatorio na rexión.
Rexións de Finlandia |
Escudo | Rexión | Nome en finés | Nome en sueco | Fundación | Capital | Poboación (31/10/2018) |
Superficie (km²)[1] |
Densidade de poboación (hab/km²) (2018) |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Åland | Ahvenanmaa | Åland | 1922[2] | Mariehamn | 29 754 | 1 553,50 | 19,2 | |
Carelia do Sur | Etelä-Karjala | Södra Karelen | 1991[3] | Lappeenranta | 129 048 | 5 327,04 | 24,2 | |
Ostrobotnia do Sur | Etelä-Pohjanmaa | Södra Österbotten | 1994[4] | Seinäjoki | 189 953 | 13 444,01 | 14,1 | |
Savonia do Sur | Etelä-Savo | Södra Savolax | 1991[5][lower-alpha 1] | Mikkeli | 145 032 | 14 257,04 | 10,2 | |
Kainuu | Kainuu | Kajanaland | 1991[6] | Kajaani | 73 284 | 21 500,20 | 3,6 | |
Tavastia Propia | Kanta-Häme | Egentliga Tavastland | 1991[7][lower-alpha 2] | Hämeenlinna | 171 677 | 5 198,69 | 33 | |
Ostrobotnia Central | Keski-Pohjanmaa | Mellersta Österbotten | 1994[8] | Kokkola | 68 521 | 5 019,85 | 13,6 | |
Finlandia Central | Keski-Suomi | Mellersta Finland | 1991[9] | Jyväskylä | 275 884 | 16 703,13 | 16,5 | |
Kymenlaakso | Kymenlaakso | Kymmenedalen | 1993[10] | Kouvola | 173 816 | 5 148,87 | 33,8 | |
Laponia | Lappi | Lappland | 1995[11] | Rovaniemi | 178 524 | 92 675,80 | 1,9 | |
Pirkanmaa | Pirkanmaa | Birkaland | 1991[12] | Tampere | 515 234 | 12 586,61 | 40,9 | |
Ostrobotnia | Pohjanmaa | Österbotten | 1994[13][lower-alpha 3] | Vaasa | 180 873 | 7 754,13 | 23,3 | |
Carelia do Norte | Pohjois-Karjala | Norra Karelen | 1993[14] | Joensuu | 162 485 | 17 761,07 | 9,1 | |
Ostrobotnia do Norte | Pohjois-Pohjanmaa | Norra Österbotten | 1993[15] | Oulu | 412 018 | 35 513,30 | 11,2 | |
Savonia do Norte | Pohjois-Savo | Norra Savolax | 1991[16][lower-alpha 4] | Kuopio | 245 995 | 16 769,62 | 14,7 | |
Päijänne Tavastia | Päijät-Häme | Päijänne-Tavastland | 1992[17] | Lahti | 200 751 | 5 123,73 | 39,2 | |
Satakunta | Satakunta | Satakunta Satakunda | 1991[18] | Pori | 218 894 | 7 820,23 | 28 | |
Uusimaa | Uusimaa | Nyland | 1993[19] | Helsinqui | 1 670 713 | 9 097,62 | 183,6 | |
Finlandia Propia | Varsinais-Suomi | Egentliga Finland | 1993[20] | Turku | 479 077 | 10 664,07 | 44,9 |
Como no caso das federacións provinciais e as asociacións sub-rexionais antes de 1994, prodicíronse pequenas mudanzas dentro das provincias dende 1994, principalmente nos municipios individuais.
Dende 1994, tan só unha rexión desapareceu, cando a rexión de Uusimaa Oriental uniuse á de Uusimaa a principios de 2011.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.