Lahti

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lahtimap

Lahti (en sueco Lahtis) é unha cidade da rexión de Päijänne Tavastia (Finlandia). A cidade ten unha poboación de 102.358 habitantes (2012), o que a converte na oitava cidade máis grande de Finlandia.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Lahti
Lahti (fi)
Lahtis (sv)
Imaxe

Localización
 60°58′49″N 25°39′18″L
EstadoFinlandia
Axencia RexionalFinlândia Meridional (pt)
RexiónPäijänne Tavastia
Capital de
Poboación
Poboación120.809 (2024) (262,91 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Lahti
Superficie459,5 km²
Altitude122 m
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1905
Organización política
 Xefe do gobernoNiko Kyynäräinen (en) (2024–)
Órgano lexislativoLahti City Council (en) , (Escano: 59)
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Randers (pt)
Norberg (en)
Tamsalu (en)
Västerås (pt) (1940–)
Ålesund (1947–)
Akureyri (1947–)
Zaporizhzhia (1953–)
Pécs (1956–)
Garmisch-Partenkirchen (1987–)
Suhl (1988–)
Kaluga (pt) (1994–)
Narva (1994–)
Deyang (pt) (2000–)
Wuxi (pt) (2011–)

Sitio weblahti.fi
Pechar

Historia

Lahti conseguiu o recoñecemento de cidade en 1905, aínda que se coñece a súa existencia dende 1443. O seu desenvolvemento remóntase á construción da liña de ferrocarril que une as cidades de Helsinqui e San Petersburgo, construída en 1870 e tamén grazas ao asentamento de refuxiados da Guerra de Inverno que enfrontou a Finlandia e Rusia no século XX.

Xeografía

Clima

Máis información Mes, Xan ...
Lahti
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media máxima (°C) -3,5 -3,5 1,6 8,6 16,0 19,9 22,7 20,4 14,4 7,8 1,6 -1,9
8,7
Temperatura media (°C) -6,4 -7,0 -2,7 3,5 10,1 14,4 17,2 15,1 9,7 4,6 -0,6 -4,5
4,5
Temperatura media mínima (°C) -9,8 -10,9 -6,9 -1,5 3,7 8,4 11,3 9,9 5,4 1,4 -3,1 -7,6
0
Precipitacións (mm) 48 34 35 28 43 65 77 75 58 65 58 50
636
Fonte: Tilastoja Suomen ilmastosta 1981-2010[Ligazón morta]
Pechar

Cultura

Thumb
Exterior do Sibeliustalo.

Lahti é unha cidade cun ambicioso programa cultura, e nos últimos anos viu a construción dun gran pazo de congresos e sala de concertos, o Sibeliustalo (Sibelius Hall). Lahti conta cunha das orquestras sinfónicas máis coñecidas de Finlandia, a Sinfonía Lahti, que interpreta música clásica e popular, principalmente obras do compositor finés Jean Sibelius.

A programación musical anual de Lahti inclúe eventos como o Festival de Órgano de Lahti, Jazz na praza do mercado e o Festival Sibelius.

Deporte

Lahti é moi coñecida por organizar anualmente a Copa do Mundo de deportes de inverno, a Salpausselän kisat. Os eventos de saltos de esquí do Salpausselän kisat forman parte do Nordic Tournament.

Nos Xogos Olímpicos de 1952, foi a sede das roldas preliminares do torneo de fútbol.

A cidade organizou tamén os Xogos Mundiais de 1997. Tamén no 2010, converteuse na única cidade que organizou seis veces o Campionato Mundial de Eskí Nórdico (1926, 1938, 1958, 1978, 1989, 2001 e 2010).

Lahti conta tamén cun equipo profesional de hóckey sobre xeo, os Pelicans, un club de fútbol, o FC Lahti, e un de baloncesto, o Namika Lahti. En xullo e agosto de 2009, Lahti acolleu o 18º World Masters Athletics Championships, unha competición anual de atletismo destinada a mulleres e homes de 35 anos ou máis.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.