Macedonia do Norte
país europeo situado na península dos Balcáns From Wikipedia, the free encyclopedia
país europeo situado na península dos Balcáns From Wikipedia, the free encyclopedia
Macedonia do Norte (en macedonio: Северна Македонија; en albanés: Maqedonia e Veriut), oficialmente República de Macedonia do Norte (en macedonio: Република Северна Македонија), é un país europeo situado na península dos Balcáns, resultante do despezamento da República Federal Socialista de Iugoslavia. Limita ao norte con Serbia, ao leste con Bulgaria, ao sur con Grecia e ao oeste con Albania. A súa capital é Skopje.
Република Северна Македонија (mk) | |||||
Himno | Denes nad Makedonija | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Diamser yw Gogledd Macedonia» | ||||
Epónimo | norte e Macedonia | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Skopje | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.836.713 (2021) (71,43 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua macedonia lingua albanesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | Sueste de Europa estados post-Iugoslavia Europa meridional lista negra dos paraísos fiscais da Unión Europea (valor descoñecido–2023) | ||||
Superficie | 25.713 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Korab (2.764 m) | ||||
Punto máis baixo | Vardar (pt) (50 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1991 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||||
• Presidente | Gordana Siljanovska-Davkova (pt) (2024–) | ||||
Órgano executivo | Government of North Macedonia (en) | ||||
• Primeiro Ministro | Hristijan Mickoski (en) (2024–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia da Macedónia do Norte (pt) , (Escano: 123) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 13.825.049.832 $ (2021) | ||||
Moeda | Dinar macedonio | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .mk | ||||
Prefixo telefónico | +389 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 192 (pt) , 193 e 194 | ||||
Código de país | MK | ||||
Código NUTS | MK | ||||
Páxina web | vlada.mk | ||||
En 1991, a antiga República Socialista de Macedonia proclamou a súa independencia da República Federal Socialista de Iugoslavia baixo o nome oficial de República de Macedonia. Esta denominación foi rexeitada por Grecia, debido á coincidencia do nome do país coa histórica rexión grega de Macedonia. O país converteuse en membro da Organización das Nacións Unidas, mais como consecuencia da disputa con Grecia foi admitido co nome provisorio de Antiga República Iugoslava de Macedonia (en macedonio: Поранешна Југословенска Република Македонија),[1][2] expresión que foi empregada por outras organizacións internacionais. En xuño de 2018, Macedonia e Grecia asinaron o acordo de Prespa, que estipulaba que o país debía cambiar o seu nome a República de Macedonia do Norte erga omnes. Este cambio entrou en vigor o 12 de febreiro de 2019 cunha transición de varios meses para os pasaportes, matrículas, moedas, aduanas, sinais de fronteira e páxinas webs gobernamentais inter alia.[3][4]
O país é ademais membro do Consello de Europa e da OTAN, e candidato a ingresar na Unión Europea.[5]
O actual estado coñecido como Macedonia do Norte correspóndese pouco co antigo Reino de Macedonia de Alexandre Magno, pois naquel período o territorio actual do país formaba parte de Paeonia, un reino poboado por un pobo de orixe tracia, aínda que algunhas partes formaban parte de Iliria e Dardania.
Durante a Idade Media o territorio foi provincia ou thema do Imperio Bizantino, aínda que durante o século VI produciuse unha migración masiva de pobos eslavos que terminaron asimilando demográfica e culturalmente á poboación anterior, de orixes ilirios, tracios e gregos. Posteriormente o territorio foi conquistado polo Reino de Bulgaria, motivo polo cal gran parte da cultura eslavo-macedonia presenta fortes afinidades coa de Bulgaria. Dende o século XII o territorio pasou a formar parte do Reino de Serbia, o que aumentou o influxo cultural eslavo.
Cando a zona dos Balcáns foi invadida e ocupada polos turcos otománs no século XIV o territorio de Macedonia do Norte foi incluído na rexión administrativa de Romelia, manténdose esta dominación turca ata finais do século XIX. Entre 1880 e 1912 (e posteriormente durante as dúas Guerras Mundiais) a Macedonia eslava foi disputada por Bulgaria e Serbia, quedando baixo a soberanía do Reino de Serbia en 1912, a situación foi ratificada trala primeira guerra mundial coa formación do Reino de Iugoslavia. Durante a segunda guerra mundial, coa desmembración de Iugoslavia, Macedonia pasou a formar parte do Reino de Bulgaria, mais despois do conflito o territorio retornou á República Federal Socialista de Iugoslavia, pasando a ser a República Socialista de Macedonia.
O 8 de setembro de 1991 a República de Macedonia declarou a súa independencia de Iugoslavia. Bulgaria foi o primeiro país en recoñecer á República de Macedonia co seu nome constitucional. Porén, o seu recoñecemento internacional foi atrasado pola obxección de Grecia do uso do nome de Macedonia, que consideraba parte do seu legado histórico e cultural, así como a súa bandeira e un polémico artigo da constitución que podía ser utilizado como argumento para a anexión da limítrofe provincia grega de Macedonia, onde reside unha minoría eslava. A Organización das Nacións Unidas (ONU) recoñeceu ó novo estado co nome de Antiga República Iugoslava da Macedonia (ARIM) en 1993.
Con todo, Grecia impuxo un bloqueo comercial unilateral en febreiro de 1994. As sancións comerciais foron levantadas un ano e medio, en setembro de 1995, despois de que a República da Macedonia cambiara a súa bandeira e a súa constitución. Os dous países acordaron normalizar as súas relacións, mais o nome do estado segue sendo fonte de controversia local e internacional. Despois de que o estado fora admitido na ONU con nome de Antiga República Iugoslava de Macedonia, outras organizacións internacionais adoptaron a mesma convención. A maioría dos diplomáticos acreditados na república usan a denominación ARIM. Paradoxalmente, polo menos uns corenta países recoñeceron ao país polo seu nome orixinal de República da Macedonia.
Durante a guerra de Kosovo de 1999, a República de Macedonia cooperou coa OTAN. Uns 360 000 refuxiados albaneses de Kosovo entraron no Estado durante a guerra, ameazando con romper o equilibrio entre os grupos macedónicos e albaneses do país. Actualmente moitos refuxiados regresaron, aínda que continúan as tensións étnicas que ocasionaron disturbios puntuais. Algúns grupos políticos macedonios minoritarios propagan a idea dunha Macedonia unida, reclamando a unión de tódolos territorios gregos e búlgaros con presenza eslava baixo o control dun único estado.
O conflito entre Grecia e a Macedonia do Norte estaba causado polo desacordo entre as dúas nacións polo uso do termo Macedonia. O goberno grego opúñase ao uso da devandita denominación por parte do goberno macedonio debido á ambigüidade que este termo creaba entre a República de Macedonia e a rexión grega de Macedonia. O goberno grego tamén se opón ao uso do termo macedonio sen a especificidade entre o pobo macedonio e o idioma. Esta disputa intensificouse até o punto de requirir mediación internacional por parte da Organización das Nacións Unidas.
Frecuentemente era usada a referencia provisional Antiga República Iugoslava de Macedonia (ARIM polas súas siglas en galego, FYROM polas siglas en inglés de Former Yugoslav Republic of Macedonia) por parte daqueles países que non recoñecían o nome constitucional de República de Macedonia. Pese a iso, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aceptaría calquera conclusión que acabase coa disputa entre ambos países.[6] O debate causado polas posturas de ambas as nacións involucrou a participación de políticos, académicos e medios de comunicación.
Tentáronse unha serie de negociacións para a resolución da disputa, incluíndo o cumio da OTAN de 2008 en Bucarest. Con todo, estes intentos de resolver a contenda fracasaron e impediron o ingreso de Macedonia á OTAN debido a obxeccións por parte de Grecia.[7]
A República de Macedonia non ten nada que ver co Reino de Macedonia, nin coa actual rexión grega de Macedonia, que posúe case a totalidade dos territorios do anterior reino, xa que unha mínima parte desta república e de Bulgaria foron conquistadas por Filipo II. Aos seus habitantes coñecíaselles como ilirios, por iso, non han de confundirse cos macedonios do norte de Grecia.
O terreo é maioritariamente montañoso, situado entre os montes Šar e os Osogovske Planina ao redor do val do río Vardar, sendo a montaña máis alta o Monte Korab con 2.764 m de altitude. Tres grandes lagos (Ohrid, Prespa e Doiran) atópanse na fronteira meridional da República, divididos pola fronteira con Albania e Grecia.
A rexión é activa sismicamente e foi lugar de terremotos destrutivos no pasado, o máis recente en 1963 cando Skopje foi severamente danada por un gran terremoto. A cidade máis grande do país é, por moito, Skopje, a capital, cunha poboación estimada de 600.000 habitantes. Despois de Skopje, as cidades máis grandes son Bitola, Kumanovo, Prilep e Tetovo con poboacións que van desde os 50.000 até os 120.000 habitantes.
Macedonia ten un clima mediterráneo de transición a continental. Os veráns son calorosos e secos e os invernos moderadamente fríos. A precipitación media anual varía de 1.700 mm na zona montañosa do oeste a 500 mm na zona oriental. Hai tres principais zonas climáticas no país: mediterráneo tépedo, de montaña e lixeiramente continental.
O Mediterráneo ao longo dos vales dos ríos Vardar e Strumica, nas rexións de Gevgelija, Valandovo, Dojran, Strumica e Radoviš o clima é tépedo e as rexións máis cálidas son Demir Kapija e Gevgelija, onde a temperatura en xullo e agosto supera con frecuencia os 40 °C. O clima de montaña está presente nas rexións montañosas do país e caracterízase por invernos longos e cubertos de neve e veráns curtos e fríos. A primavera é polo xeral máis frío que o outono.
A maioría de Macedonia ten un clima continental moderado, con veráns cálidos e secos, e relativamente fríos e invernos húmidos. Hai trinta estacións meteorolóxicas principais no país.
A República de Macedonia é unha democracia parlamentaria cun goberno executivo composto por unha coalición de partidos da lexislatura unicameral (Собрание/Sobranie) e cun poder xudicial independente cun tribunal constitucional. A Asemblea componse de 120 escanos e os membros son elixidos cada catro anos por cidadáns macedonios maiores de dezaoito anos, que poden votar por un dos partidos políticos de Macedonia.
O poder executivo en Macedonia é exercido polo Goberno, cuxo primeiro ministro é a persoa politicamente máis poderosa do país. Os membros do goberno son elixidos polo propio primeiro ministro e ocupan cargos relacionados ministros con cada rama da sociedade. O actual Primeiro Ministro é Nikola Gruevski.
En canto ao papel do Presidente da República é principalmente cerimonial, descansando o poder real en mans do Primeiro Ministro. O Presidente é elixido cada cinco anos pudendo ser elixido dúas veces como máximo. Actualmente o Presidente é Gjorge Ivanov, substituíndo no cargo a Branko Crvenkovski en maio de 2009.
A Axencia Europea de Reconstrución foi creada en 1999 co fin de establecer un marco xurídico unificado para a axuda á Antiga República Iugoslava de Macedonia, nome co que a Unión Europea recoñece a este estado, e os demais estados dos Balcáns. Os programas financiados pola UE teñen como obxectivo contribuír ao bo goberno, a construción das institucións e o estado de dereito, seguir apoiando o desenvolvemento dunha economía de mercado, continuar investindo na infraestrutura física imprescindible e en medidas ambientais e apoiar o desenvolvemento social e o fortalecemento da sociedade civil.
Ademais a UE colabora en materia orzamentaria, de aduanas e de planificación fiscal, o apoio a programas de intercambio educativo, así como as contribucións bilaterais efectuadas polos estados membros da UE. Ditas formas de asistencia son independentes das contribucións bilaterais feitas polos Estados membros da UE.
En decembro de ano 2005 a República de Macedonia obtivo o status de candidato oficial á adhesión como membro da Unión Europea tras solicitalo formalmente en xaneiro de 2004.[8] Porén, o país debe resolver as súas disputas con Grecia antes de que se poida chegar a unha decisión.
En 1991, a antiga República Socialista de Macedonia, que era parte da República Federal Socialista de Iugoslavia, proclamou a súa independencia baixo o nome oficial de República de Macedonia. O uso do termo Macedonia foi rexeitado por Grecia, xurdindo unha disputa sobre a denominación deste país que perdura na actualidade. O país é denominado nalgunhas ocasións de forma simple como Macedonia, mentres que tras un compromiso entre Grecia e a República de Macedonia en 1993 é utilizada a referencia provisional Antiga República Iugoslava de Macedonia para designar ao devandito estado en diversas organizacións internacionais, como na Organización das Nacións Unidas.[9]
A bandeira da República de Macedonia é un pano de cor vermella no que aparece representado un sol de ouro con oito raios da mesma cor que se estenden cara aos bordos. En 1995 tivo que retirarse a versión anterior da bandeira, adoptada en 1991 cando se produciu a independencia do país, na que figuraba o Sol de Verxina, o elemento central da bandeira da rexión grega do mesmo nome e a súa adopción por parte da República de Macedonia como símbolo nacional xerou múltiples protestas. A finais de 2006 a disputa entre os dous países aumentou aínda máis co anuncio da República de Macedonia da intención de rebautizar o seu principal aeroporto co nome de Alexandre Magno.[10] En setembro de 2007, a delegación de Grecia na Asemblea Xeral das Nacións Unidas foi testemuña da primeira vez en que a República de Macedonia foi chamada como tal na escena internacional.[11] En marzo de 2008, Grecia vetou a invitación de adhesión de Macedonia á OTAN até que non haxa unha solución ao problema da denominación que non deixe dúbida da diferenza entre a rexión grega e o novo país.
En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Macedonia do Norte firmou ou ratificou:
Macedonia do Norte | Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[12] | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
CESCR | CCPR | CERD | CED | CEDAW | CAT[13] | CRC | MWC | CRPD | |||||||||
CESCR | CESCR-OP[14] | CCPR | CCPR-OP1 | CCPR-OP2-DP | CEDAW | CEDAW-OP[15] | CAT | CAT-OP | CRC | CRC-OP-AC | CRC-OP-SC | CRPD | CRPD-OP[16] | ||||
Pertenza | |||||||||||||||||
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes. |
As rexións da República de Macedonia (en macedonio: регион) son oito divisións territoriais sen ningún valor administrativo e usadas oficialmente para fins estatísticos. Cada unha das rexión está composta por varios dos concellos macedonios.
Rexión | Nome local | Poboación |
---|---|---|
Leste | Источен регион / Istočen region | 203.213 |
Nordeste | Североисточен регион / Severoistočen region | 173, 814 |
Pelagonia | Пелагониски регион / Pelagoniski region | 221.019 |
Polog | Полошки регион / Pološki region | 304.125 |
Skopje | Скопски регион / Skopski region | 571.040 |
Sueste | Југоисточен регион / Jugoistočen region | 171.416 |
Suroeste | Југозападен регион / Jugozapaden region | 221.651 |
Vardar | Вардарски регион / Vardarski region | 133.248 |
En agosto de 2004, o goberno local de Macedonia foi reorganizado en oitenta e catro (en macedonio: opštini), dos cales dez forman parte do Gran Skopje. Este valor reduciu os vellos 123 municipios establecidos en setembro de 1996. Antes disto, o goberno local estaba organizado en 34 distritos administrativos.
O mapa amosa as zonas rurais e os municipios urbanos. Os números do mapa corresponden aos números dos municipios indicados á esquerda do nome do municipio no seguinte cadro, o segundo é un mapa da cidade de Skopje (que no primeiro mapa ten o número 1), neste segundo mapa aparecen enumerados os dez municipios que conforman Skopje (no cadro aparecen numerados como 1, X. É dicir o nº 1 correspondente a Skopje e detrás da coma o número correspondente ao municipio que conforma ao Gran Skopje.)
№ (Реден броj) |
Municipio (Општина) |
Abreviación[Nota 1] | Capital (Центар на Општината) |
Área (km²)[Nota 2] |
Poboación (2002) |
---|---|---|---|---|---|
Rexión do Leste (Источен) | |||||
39 | Berovo (Берово) | MK.BR | Berovo (Берово) | 597 | 13.941 |
28 | Češinovo-Obleševo (Чешиново-Облешево) | MK.CH | Obleševo (Облешево) | 133 | 7.490 |
26 | Dočevo (Делчево) | MK.DL | dočevo (Делчево) | 423 | 17.505 |
29 | Karbinci (Карбинци) | MK.KB | Karbinci (Карбинци) | 231 | 4.012 |
24 | Kočani (Кочани) | MK.OC | Kočani (Кочани) | 357 | 38.092 |
32 | Lozovo (Лозово) | MK.LO | Lozovo (Лозово) | 166 | 2.858 |
25 | Makedonska Kamenica (Македонска каменица) | MK.MK | Makedonska Kamenica (Македонска каменица) | 189 | 8.110 |
38 | Pehčevo (Пехчево) | MK.PH | Pehčevo (Пехчево) | 208 | 5.517 |
23 | Probištip (Пробиштип) | MK.PT | Probištip (Пробиштип) | 326 | 16.193 |
31 | Štip (Штип) | MK.ST | Štip (Штип) | 583 | 47.796 |
22 | Sveti Nikole (Свети Николе) | MK.SL | Sveti Nikole (Свети Николе) | 483 | 18.497 |
27 | Vinica (Виница) | MK.NI | Vinica (Виница) | 432 | 19.938 |
30 | Zrnovci (Зрновци) | MK.ZR | Zrnovci (Зрновци) | 52 | 3.264 |
Rexión do Nordeste (Североисточен) | |||||
21 | Kratovo (Кратово) | MK.KY | Kratovo (Кратово) | 375 | 10.441 |
20 | Kriva Palanka (Крива Паланка) | MK.KZ | Kriva Palanka (Крива Паланка) | 482 | 20.820 |
17 | Kumanovo (Куманово) | MK.UM | Kumanovo (Куманово) | 432 | 105.484 |
7 | Lipkovo (Липково) | MK.LI | Lipkovo (Липково) | 270 | 27.058 |
19 | Rankovce (Ранковце) | MK.RN | Rankovce (Ранковце) | 240 | 4.144 |
18 | Staro Nagoričane (Старо Нагоричане) | MK.NA | Staro Nagoričane (Старо Нагоричане) | 515 | 4.840 |
Rexión de Pelagonia (Пелагониски) | |||||
71 | Bitola (Битола) | MK.TL | Bitola (Битола) | 790 | 95.385 |
70 | Demir Hisar (Демир Хисар) | MK.DM | Demir Hisar (Демир Хисар) | 480 | 9.497 |
51 | Dolneni (Долнени) | MK.DE | Dolneni (Долнени) | 418 | 13.568 |
72 | Krivogaštani (Кривогаштани) | MK.KG | Krivogaštani (Кривогаштани) | 88 | 6.150 |
52 | Kruševo (Крушево) | MK.KS | Kruševo (Крушево) | 190 | 9.684 |
73 | Mogila (Могила) | MK.MG | Mogila (Могила) | 255 | 6.710 |
74 | Novaci (Новаци) | MK.NV | Novaci (Новаци) | 755 | 3.549 |
50 | Prilep (Прилеп) | MK.PP | Prilep (Прилеп) | 1.198 | 76.768 |
69 | Resen (Ресен) | MK.RE | Resen (Ресен) | 549 | 16.825 |
Rexión de Polog (Полошки) | |||||
59 | Bogovinje (Боговиње) | MK.VJ | Bogovinje (Боговиње) | 141 | 28.997 |
12 | Brvenica (Брвеница) | MK.BN | Brvenica (Брвеница) | 164 | 15.855 |
60 | Gostivar (Гостивар) | MK.GT | Gostivar (Гостивар) | 375 | 81.042 |
9 | Jegunovce (Јегуновце) | MK.JG | Jegunovce (Јегуновце) | 174 | 10.790 |
61 | Mavrovo y Rostuša (Маврово и Ростуша) | MK.MR | Rostuša (Ростуша) | 856 | 8.618 |
10 | Tearce (Теарце) | MK.TR | Tearce (Теарце) | 137 | 22.454 |
11 | Tetovo (Тетово) | MK.ET | Tetovo (Тетово) | 262 | 86.580 |
58 | Vrapčište (Врапчиште) | MK.VH | Vrapčište (Врапчиште) | 157 | 25.399 |
2 | Želino (Желино) | MK.ZE | Želino (Желино) | 201 | 24.390 |
Rexión de Skopje (Скопски) | |||||
1 , 3 | Aerodrom (Аеродром)[Nota 3] | MK.AD | Aerodrom (Аеродром) | 22 | 72.009 |
75 | Aračinovo (Арачиново) | MK.AR | Aračinovo (Арачиново) | 38 | 11.597 |
1 , 6 | Butel (Бутел)[Nota 3] | MK.BU | Butel (Бутел) | 61 | 36.154 |
1 , 4 | Čair (Чаир)[Nota 3] | MK.CI | Čair (Чаир) | 53 | 64.773 |
1 , 1 | Centar (Центар)[Nota 3] | MK.CE | Centar (Центар) | 9 | 45.412 |
8 | Čučer-Sandevo (Чучер Сандево) | MK.CS | Čučer-Sandevo (Чучер Сандево) | 215 | 8.493 |
1 , 2 | Gazi Baba (Гази Баба)[Nota 3] | MK.GB | Gazi Baba (Гази Баба) | 92 | 72.617 |
1 , 9 | Gjorče Petrov (Ѓорче Петров)[Nota 3] | MK.GP | Gjorče Petrov (Ѓорче Петров) | 63 | 41.634 |
6 | Ilinden (Илинден) | MK.IL | Ilinden (Илинден) | 97 | 15.894 |
1 , 8 | Karpoš (Карпош)[Nota 3] | MK.KX | Karpoš (Карпош) | 21 | 59.666 |
1 , 5 | Kisela Voda (Кисела Вода)[Nota 3] | MK.VD | Kisela Voda (Кисела Вода) | 43 | 57.236 |
16 | Petrovec (Петровец) | MK.PE | Petrovec (Петровец) | 222 | 8.255 |
1 , 10 | Saraj (Сарај)[Nota 3] | MK.AJ | Saraj (Сарај) | 230 | 35.408 |
3 | Sopište (Сопиште) | MK.SS | Sopište (Сопиште) | 223 | 5.656 |
4 | Studeničani (Студеничани) | MK.SU | Studeničani (Студеничани) | 276 | 17.246 |
1 , 7 | Šuto Orizari (Шуто Оризари)[Nota 3] | MK.SO | Šuto Orizari (Шуто Оризари) | 6 | 22.017 |
5 | Zelenikovo (Зелениково) | MK.ZK | Zelenikovo (Зелениково) | 177 | 4.077 |
Rexión do Sueste (Југоисточен) | |||||
46 | Bogdanci (Богданци) | MK.BG | Bogdanci (Богданци) | 114 | 8.707 |
41 | Bosilovo (Босилово) | MK.BS | Bosilovo (Босилово) | 143 | 14.260 |
47 | Gevgelija (Гевгелија) | MK.GV | Gevgelija (Гевгелија) | 484 | 22.988 |
36 | Konče (Конче) | MK.KN | Konče (Конче) | 233 | 3.536 |
42 | Novo Selo (Ново Село) | MK.NS | Novo Selo (Ново Село) | 257 | 11.567 |
37 | Radoviš (Радовиш) | MK.RV | Radoviš (Радовиш) | 502 | 28.244 |
45 | Dojran (Дојран) | MK.SD | Star Dojran (Стар Дојран) | 129 | 3.426 |
43 | Strumica (Струмица) | MK.RU | Strumica (Струмица) | 311 | 54.676 |
44 | Valandovo (Валандово) | MK.VA | Valandovo (Валандово) | 331 | 11.890 |
40 | Vasilevo (Василево) | MK.VL | Vasilevo (Василево) | 231 | 12.122 |
Rexión do Suroeste (Југозападен) | |||||
63 | Centar Župa (Центар Жупа) | MK.CZ | Centar Župa (Центар Жупа) | 107 | 6.519 |
62 | Debar (Дебар)[Nota 4] | MK.DB | Debar (Дебар) | 85 | 19.542 |
67 | Debarca (Дебарца) | MK.DA | Belčišta (Белчишта) | 423 | 5.507 |
55 | Kičevo (Кичево) | MK.KH | Kičevo (Кичево) | 838 | 56.734 |
13 | Makedonski Brod (Македонски Брод) | MK.MD | Makedonski Brod (Македонски Брод) | 875 | 7.141 |
68 | Ohrid (Охрид) | MK.OD | Ohrid (Охрид) | 392 | 55.749 |
53 | Plasnica (Пласница) | MK.PN | Plasnica (Пласница) | 54 | 4.545 |
65 | Struga (Струга) | MK.UG | Struga (Струга) | 469 | 63.376 |
66 | Vevčani (Вевчани) | MK.VV | Vevčani (Вевчани) | 35 | 2.433 |
Rexión de Vardar (Вардарски) | |||||
14 | Čaška (Чашка) | MK.CA | Čaška (Чашка) | 727 | 7.673 |
48 | Demir Kapija (Демир Капија) | MK.DK | Demir Kapija (Демир Капија) | 312 | 4.545 |
33 | Gradsko (Градско) | MK.GR | Gradsko (Градско) | 291 | 3.760 |
49 | Kavadarci (Кавадарци) | MK.AV | Kavadarci (Кавадарци) | 998 | 38.741 |
35 | Negotino (Неготино) | MK.NG | Negotino (Неготино) | 414 | 19.212 |
34 | Rosoman (Росоман) | MK.RM | Rosoman (Росоман) | 133 | 4.141 |
15 | Veles (Велес) | MK.VE | Veles (Велес) | 518 | 55.108 |
Subtotal | 24.856 | ||||
Total[Nota 5] | 25.713 | 2.022.547 |
En marzo de 2013, os seguintes concellos foron anexados ao Concello de Kičevo:
№ (Реден броj) |
Municipio (Општина) |
Abreviación[Nota 6] | Capital (Центар на Општината) |
Área (km²)[Nota 7] |
Poboación (2002) |
---|---|---|---|---|---|
64 | Drugovo (Другово) | MK.DR | Drugovo (Другово) | 383 | 3.249 |
56 | Oslomej (Осломеј) | MK.OS | Oslomej (Осломеј) | 137 | 10.420 |
54 | Vraneštica (Вранештица) | MK.VC | Vraneštica (Вранештица) | 109 | 1.322 |
57 | Zajas (Зајас) | MK.ZA | Zajas (Зајас) | 161 | 11.605 |
Macedonios | 1.297.981 | 64,18% |
Albaneses | 509.083 | 25,17% |
Turcos | 77.959 | 3,85% |
Xitanos | 53.879 | 2,66% |
Serbios | 35.939 | 1,78% |
Arromaneses | 9.695 | 0,48% |
Outros | 38.011 | 1,88% |
No ano 2009 Macedonia do Norte tiña unha poboación de 2.114.550 habitantes, sendo a esperanza de vida de 74,2 anos, o índice de alfabetización de 96,1% e a media de fillos por muller de 1,57. O maior grupo étnico do país son os macedonios eslavos, seguido polos albaneses, que habitan a parte occidental do país. Algunhas estimacións non oficiais indican ademais que en Macedonia do Norte hai posiblemente até 260.000 romanís.
O cristianismo é a relixión maioritaria de Macedonia do Norte, pertencendo o 64,7% da poboación á rama da Igrexa Ortodoxa de Macedonia, mentres que outras correntes cristiás supoñen o 0,37% da poboación. O islam constitúe a segunda relixión en canto a crentes, supoñendo o 33,3% da poboación, e a terceira maior congregación musulmá de Europa despois de Albania co 70% e Bosnia e Hercegovina co 48%. A maioría dos musulmáns son albaneses, turcos ou xitanos, aínda que tamén hai musulmáns macedonios. O restante 1,63% da poboación rexistrouse como "sen especificar" no censo nacional de 2002.
En total hai máis de 1.200 igrexas e 400 mesquitas no país. Tanto a comunidade relixiosa ortodoxa como a musulmá posúen escolas secundarias relixiosas en Skopje, ademais dun seminario sacerdotal ortodoxo. A Igrexa Ortodoxa de Macedonia ten xurisdición sobre dez provincias, sete no país e tres no estranxeiro, e conta con dez bispos e preto de 350 sacerdotes, sendo un total de 30.000 persoas bautizados en tódalas provincias ao ano. Hai unha certa tensión entre as igrexas ortodoxas macedonias e serbias, que xurdiu coa separación e autocefalia das primeiras en 1967. Con todo, o Consello do Arcebispado da Igrexa Ortodoxa Serbia recoñeceu a autonomía da Igrexa Ortodoxa de Macedonia.
A lingua oficial e máis falada é o macedonio, que pertence á rama oriental do grupo das linguas eslavas do sur. Este idioma está estreitamente relacionado, e é mutuamente intelixible co búlgaro, ademais de moitas similitudes co serbio. A forma normalizada da lingua foi estandarizada durante o período posterior á segunda guerra mundial, acumulando unha próspera tradición literaria. Aínda que é a única linguaxe que está explicitamente declarada como idioma oficial na constitución, nos municipios onde polo menos o 20% da poboación é parte doutra minoría étnica ás súas linguas poden ser utilizados con fins oficiais no goberno local xunto co macedonio.
Así pois fálanse unha gran variedade de linguas en Macedonia do Norte, o que reflicte a súa diversidade étnica. As principais linguas faladas fóra do macedonio son o albanés, o romaní, o turco, o serbio/bosníaco e arromanés (incluíndo o meglenorromanés). Existen tamén minorías máis pequenas de adigués e grego.
Dende 1996 Macedonia foi testemuño dun constante, aínda que lento, crecemento económico, medrando o PIB un 3,1% en 2005, sendo estimado un valor medio de aumento do 5,2% no período 2006-2010. O goberno tivo éxito nos seus esforzos para combater a inflación, cunha taxa de inflación de apenas o 3% en 2006 e 2% en 2007, poñendo en funcionamento políticas orientadas a atraer o investimento estranxeiro e impulsando o desenvolvemento das pequenas e medianas empresas. Para iso o actual goberno introduciu un sistema de imposto único, coa intención de facer o país máis atractivo para investimentos estranxeiros, esta taxa era do A taxa do 12% en 2007 e posteriormente reducida ao 10% en 2008.
A pesar destas reformas, en 2005 a taxa de desemprego en Macedonia foi do 37,2%, en 2006 a taxa de pobreza era do 22% e aínda posúe unha das rendas per cápita máis baixas de Europa. Alén diso, o mercado gris do país estímase en preto do 20% do PIB . En termos de estrutura, en 2005 o sector servizos constitúe de lonxe a maior parte do PIB, supoñendo un 57,1% do total, ante o 54,2% no ano 2000. Do resto o sector industrial representa o 29,3% do PIB, ante 33,7% en 2000, mentres que a agricultura representa tan só o 12,9%.
Macedonia ten un rico patrimonio cultural en arte, arquitectura, poesía e música. En canto a arquitectura o país posúe moitos sitios relixiosos de grande antigüidade protexidos, ademais de festivais de poesía, cinema ou música cada ano. O estilo de música de Macedonia desenvolveuse baixo a forte influencia da música de igrexa bizantina. Macedonia ademais ten un número importante de pinturas bizantinas, principalmente da época entre os séculos XI e XVI, dos que se conservan miles de metros cadrados a maior parte dos cales en moi boas condicións, representando obras mestras da Escola de Macedonia da pintura eclesiástica.
Os eventos culturais máis importantes do país son o Festival de Verán de Ohrid de música clásica e teatro, as Veladas de Poesía de Struga, que reúnen a poetas de máis de cincuenta países no mundo, o Festival Internacional de Cámara en Bitola, o Aberto de Teatro Xuvenil e o Festival de Jazz de Skopje. A Ópera de Macedonia abriu en 1947 cunha representación da Cavalleria rusticana, baixo a dirección de Branko Pomorisac.
O fútbol e o balonmán están entre os deportes máis populares en Macedonia. A selección nacional de fútbol depende da Federación de Fútbol de Macedonia. En balomnán o Kometal Skopje gañou a Copa de Europa feminina en 2002, e o Campionato de Europa feminino celebrouse en Macedonia en 2008. Outro deporte amplamente practicado no país é o baloncesto, Macedonia participou en tres Eurobasket, quedando en cuarto lugar en 2011.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.