![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/Badaling_China_Great-Wall-of-China-01.jpg/640px-Badaling_China_Great-Wall-of-China-01.jpg&w=640&q=50)
República Popular da China
estado situado na Asia oriental / From Wikipedia, the free encyclopedia
A China[1] (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas (Guangxi, Mongolia Interior, Ningxia, Tíbet e Xinjiang), catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China, amais, reclama Taiwán como a súa provincia número vinte e tres. Na práctica, a illa é independente, administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.
中华人民共和国 (zh-cn) ![]() | |||||
Himno | Marcha dos Voluntarios ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Territorio reivindicado por | Taiwán ![]() | ||||
Capital | Pequín (1949–) ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.442.965.000 (2021) ![]() | ||||
Lingua oficial | mandarín estándar lingua chinesa Línguas da China (pt) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 9.596.961 km² ![]() | ||||
Auga | 2,8 ![]() | ||||
Punto máis alto | Everest (8.848 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Lago Ayding (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | Partido Comunista de China ![]() | ||||
Creación | 1 de outubro de 1949 ![]() | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Ano Novo Chinés (Lunar/Lunisolar New Year's Day (en) ![]() Día da Muller Traballadora (8 de marzo) Festival Qingming (pt) ![]() Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Dia da Juventude (pt) ![]() Dia das Crianças (pt) ![]() Festival Chinês de Meio de Outono (pt) ![]() ![]() Dia Nacional da República Popular da China (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | unipartidismo centralismo democrático República parlamentaria Estado unitario república constitucional ditadura comunista república ![]() | ||||
• Presidente da República Popular da China ![]() | Xi Jinping (2013–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Conselho de Estado da República Popular da China (pt) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro ministro da República Popular da China ![]() | Li Qiang (2023–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Popular Nacional (pt) ![]() ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Corte Popular Suprema Chinesa (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 17.820.459.342.451 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Renminbi ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cn, .中国 (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +86 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 119, 110 e 120 (pt) ![]() ![]() | ||||
Código de país | CN ![]() | ||||
Páxina web | gov.cn ![]() | ||||
![]() |
![]() |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país maior en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto maior pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakorum, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen para a densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.
A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da segunda guerra mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.
A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwán. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.
A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Kirguizistán, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.