Mar Amarelo
parte norte do mar da China / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar Amarelo ou Mar Occidental é a parte norte do mar da China, que á súa vez é un mar menor do océano Pacífico. Atópase entre a China continental e a península de Corea. O seu nome provén das partículas de area que lle dan esa cor característica e que chegan do río Amarelo.
Mar Amarelo | |
---|---|
黄海 - 황해 | |
Localización administrativa | |
Estado | China Corea do Norte Corea do Sur |
División | Provincias de Jiangsu, Shandong, Tianjin, Hebei, Pequín, e Liaoning (CHN) Rexión Administrativa Especial de Sinŭiju e provincias de P'yŏngan do Norte, P'yŏngan do Sur e Hwanghae do Sur (PRK) Provincias de Gyeonggi, Chungcheong do Sur, Jeolla do Norte, Jeolla do Sur e Jeju (KOR) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | Asia |
Illa/s | Illa de Jeju |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar da China Oriental |
Subdivisións | Mar de Bohai |
Afluentes | Río Amarelo (5 464 km), río Liao (1 345 km), río Hai (1 329 km) e río Luan (600 km) |
Cidades ribeiregas | Sheyang, Qindao, Weihai, Yantai, Longkou, Qinhuangdao, Dalian (CHN) Namp'o e Haeju (PRK) Incheon, Gunsan e Mokpo (KOR) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baías de Hangzhou, Haizhou, Laizhou, Liaodong, Kyônggi e Corea |
Penínsulas | Península de Corea e península de Liaodong |
Estreitos | Estreito de Corea e estreito de Bohai |
Características | |
Superficie | 417 000 km² |
Profundiade máxima | 105 m |
Profundidade media | 48 m |
Mapa | |
Localización do mar Amarelo | |
Mapa do mar Amarelo | |
A baía máis interior do mar Amarelo recibe o nome de mar de Bohai (antes coñecido coma baía de Pechihli ou baía de Chihli). Aquí desembocan o río Amarelo (a través da provincia de Xandón e a súa capital Jinan) e o Hai He (a través de Beixín e Tianxín).
A baía de Liaodón, entre a provincia chinesa de Liaonín e o noroeste de Corea do Norte tamén fai parte do mar Amarelo. O mar de Bohai e a baía de Liaodón están separados pola península de Liaodón, con Dalian no seu punto máis ó sur.