Estreito de Corea
From Wikipedia, the free encyclopedia
O estreito de Corea (対馬海峡, Tsushima Kaikyō?) é a canle occidental do estreito que se encontra entre o extremo meridional da península de Corea e a illa xaponesa de Kyūshū, conectando o mar do Xapón co mar da China Oriental. É a continuación do estreito de Tsushima, achándose no medio a illa homónima de Tshusima, de grande utilidade nas comunicacións entre Corea e o Xapón dende tempos inmemoriais.
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
En Corea do Sur existen varios portos próximos ao estreito, como os de Busan, Jinhae ou Masan. Varias liñas marítimas cobren cada día os traxectos Busan - Fukuoka ou Busan - Shimonoseki.