rei suevo de Galicia (463-?) From Wikipedia, the free encyclopedia
Remismundo, nado a comezos do século V, foi un rei suevo do Reino de Galicia[1][2] dende o 463 ata, polo menos, o 469, cando morre o historiador Hidacio. Foi responsable da reunificación e pacificación do reino tras a morte de Frumario, pactou con Teodorico II e converteuse ao arianismo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V |
Morte | 469 (Gregoriano) |
Rei dos suevos Gallaecia | |
463 – ← Requimundo, Frumario – Período escuro do Reino suevo → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Grupo étnico | Suevos |
Relixión | Arianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Pai | Maldras |
Remismundo aparece ao final da guerra civil sueva. Aínda que os suevos e galaicos volveron firmar a paz cara o 461, o resentimento e actividade diplomática cos visigodos e Roma non cesou por parte dos diferentes bandos.[1]
Esta situación non cambiaría ata a morte de Frumario no 463, cando os suevos escollen a Remismundo como único rei, a quen Isidoro de Sevilla recoñece como fillo de Maldras ( "Remismundo Masdrae filio" ).[1][3] A partir deste momento os visigodos, tamén de orixe xermana, apoiaron ao rei como lexítimo monarca da Gallaecia.
O primeiro movemento de Remismundo foi a de acudir como embaixador á corte visigoda na Galia,[3] onde o monarca visigodo, Teodorico II, ademais de enviarlle agasallos e armamento, ofreceulle o matrimonio coa súa filla.[3] Despois desta sucedéronse máis viaxes deste tipo e aumentou a actividade diplomática entre os dous reinos xermanos.[1]
Unha vez establecida a paz na Gallaecia, Remismundo, centrouse na Lusitania. No verán de 465 a cidade de Conímbriga foi cercada polos suevos. A muller do gobernador, chamado Cantabro, foi feita refén, quizais para evitar a traizón ou manter a fidelidade.[1][3] Ao ano seguinte, en 466 os suevos de Remismundo atacaron aos aunonenses, que probablemente habitaban na costa da actual Pontevedra, o que provocou a chegada dunha embaixada goda.[4] É posible que o pacto adquirira certo carácter relixioso; Hidacio, fala da chegada ese mesmo ano dun misioneiro chamado Áiax que, despois co apoio de Remismundo, convertería ás elites suevas ao arianismo.[1][5]
Cando Teodorico II foi substituído por Eurico no ano 467, Remismundo lanzou novas ofensivas para reforzar a súa posición, que tamén quixo facer patente pola vía diplomática con embaixadas ante o emperador, os vándalos e os godos. Nesas mesmas datas retomara as súas hostilidades contra os aunonenses e no 468 Conímbriga quedou devastada. No ano 469, coa colaboración de Lusidio, Lisboa foi tomada polos suevos de Remismundo. O feito de alcanzar a paz cos aunonenses pouco despois non lle impediu continuar co seu espolio na Lusitania e no convento de Astorga.[4]
Coa morte do historiador Hidacio no 469, iníciase un período na historia dos suevos do que existen poucos datos.[1][4] Asúmese que foi un período de paz e cooperación cos visigodos. Normalmente adxudícaselle este ano como o da súa morte, pero non hai documentación que o respalde. Dubídase de cal puido ser o sucesor de Remismundo xa que non existe documentación contrastable ata o reinado de Carriarico.
Remismundo Nacemento: ? Falecemento: despois de 469
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Requimundo (norte) e Frumario (sur), en guerra civil |
Rei de toda Galicia 463-despois de 469 |
Sucedido por Hermenerico, Veremundo ou Teodemundo Seguintes coñecidos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.