Receptor de tipo Toll
clase de proteínas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os receptores de tipo Toll, similares a Toll ou Toll-like receptors (TLRs) son unha clase de proteínas que xogan un papel fundamental no funcionamento do sistema inmunitario innato e do aparato dixestivo. Son receptores simples non catalíticos, situados na membrana celular abranguendo todo o grosor da mesma, e que recoñecen moléculas estruturalmente conservadas pertencentes a microbios. Unha vez que estes microbios conseguen penetrar as barreiras físicas como a pel e a mucosa do tracto intestinal, son recoñecidas polos TLRs, que activan as respostas das células inmunitarias.
Reciben o seu nome da súa semellanza coa proteína codificada polo xene Toll identificado en Drosophila en 1985 por Christiane Nüsslein-Volhard.[1] Cando ese xene está mutado as moscas Drosophila teñen un aspecto estraño. A palabra Toll procede do idioma alemán e significa 'fantástico'.[2]