Rebelde sen causa (en inglés: Rebel Without a Cause) é un filme estadounidense de 1955 sobre un grupo de adolescentes confusos nun suburbio de clase media. Rodado no novo formato CinemaScope e dirixido por Nicholas Ray, ofreceu un comentario social así como unha alternativa aos filmes previos que mostraban delincuentes nun ambiente deprimido.[3][4] O filme está protagonizado por James Dean, Sal Mineo e Natalie Wood.

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
Rebelde sen causa
Thumb
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalRebel Without a Cause
DirectorNicholas Ray
ProdutorStewart Stern
GuiónNicholas Ray
Adaptación: Irving Shulman
IntérpretesJames Dean
Natalie Wood
Sal Mineo
MúsicaLeonard Rosenman
FotografíaErnest Haller
MontaxeWilliam H. Ziegler
EstudioWarner Bros.
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea26 de outubro de 1955[1]
Duración111 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento1,5 millóns de dólares
Recadación4,5 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0048545 Filmaffinity: 190155 Allocine: 1945 Rottentomatoes: m/rebel_without_a_cause Mojo: rebelwithoutacause Allmovie: v40604 TCM: 16115 Metacritic: movie/rebel-without-a-cause TV.com: movies/rebel-without-a-cause Netlix: 70031792 Editar o valor en Wikidata
Pechar

O filme foi un intento innovador de retratar a decadencia moral da mocidade estadounidense, unha crítica ao estilo paternal e unha exploración do conflito interxeracional. O título provén do libro de 1944 do psiquiatra Robert M. Lindner Rebel Without a Cause: The Hypnoanalysis of a Criminal Psychopath. Non obstante, no filme non hai referencias de ningún tipo ao libro de Lindner. O filme foi estreado o 27 de outubro de 1955 case un mes despois da morte de Dean nun accidente de tráfico o 30 de setembro de 1955.

En 1990, Rebelde sen causa foi engadido ao National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórico e esteticamente significativo".

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 31 de decembro de 2001.[5]

Argumento

Jim Stark é un inadaptado estudante de secundaria que chegou aos Ánxeles e busca encaixar entre os seus novos compañeiros. Porén, non o consegue e rapidamente se inimiza con Buzz e a súa banda ao tempo que queda engaiolado por Judy, moza do seu rival.

Neste contexto de enfrontamentos, Jim traba amizade con Plato, un rapaz solitario que se converte no seu secuaz. Entre as repetidas contendas cada vez máis graves, Jim, Plato e Judy quedan envoltos nun conflito que rematará con mortes.

Elenco

  • James Dean como Jim Stark
  • Natalie Wood como Judy
  • Sal Mineo como John "Plato" Crawford
  • Jim Backus como Frank Stark
  • Ann Doran como Carol Stark
  • Corey Allen como Buzz Gunderson
  • William Hopper como pai de Judy
  • Rochelle Hudson como nai de Judy
  • Edward Platt como Inspector Ray Fremick
  • Marietta Canty como asistenta da familia Crawford
  • Virginia Brissac como Grandma Stark
  • Dennis Hopper como Goon
  • Jack Grinnage como Moose
  • Frank Mazzola como Crunch
  • Ian Wolfe como Dr. Minton, profesor de astronomía
  • Beverly Long como Helen
  • Robert Foulk como Gene
  • Jack Simmons como Cookie
  • Tom Bernard como Harry
  • Nick Adams como Chick
  • Steffi Sidney como Mil
  • Clifford Morris como Cliff

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.