actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Salvatore Mineo Jr., nado no Bronx, Nova York, o 10 de xaneiro de 1939 e finado en West Hollywood, California, o 12 de febreiro de 1976, foi un actor estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Salvatore Mineo 10 de xaneiro de 1939 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 12 de febreiro de 1976 (37 anos) West Hollywood, Estados Unidos de América |
Causa da morte | homicidio, ferida de arma branca |
Lugar de sepultura | Gate of Heaven Cemetery (en) |
Educación | Christopher Columbus High School (en) Adelphi University (en) |
Altura | 168 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema, actor de teatro, cantante, actor de televisión |
Período de actividade | 1951 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Epic Records Fontana Philips |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | salmineo.com |
|
Mineo naceu no Bronx, fillo Salvatore Mineo Sr. e Josephine Alvisi, que fabricaban ataúdes nos Estados Unidos.[1][2] Era de orixe siciliana; o seu pai nacera en Italia e a súa, de orixe italiana, naceu nos Estados Unidos.
Dende pequeno quixo ser actor, e sempre recibiu o apoio da súa nai, que o matriculou nunha escola de danza e teatro.[3] Moi pequeno, estreouse en Broadway nun papel en The Rose Tattoo,[4] con Maureen Stapleton e interpretando o mozo príncipe Yul Brynner no musical The King and I.[5] A partir de 1951, comezou a aparecer tamén na televisión antes de debutar no cinema en 1955, no filme Pevney Joseph Six Bridges to Cross, onde superou a Clint Eastwood para obter o papel.[6] O seu primeiro grande éxito chegou con Rebelde sen causa, filme protagonizado por James Dean, onde interpretou o mozo problemático John Plato Crawford.[4] Este desempeño resultou nunha candidatura ao Oscar ao mellor actor secundario (un dos candidatos máis novos[5]) e axiña aumentou a súa popularidade. O biógrafo Paul Jeffers contou que Mineo recibiu miles de cartas de mozas, foi assediado por elas en aparicións públicas e escribiu "namorou as mulleres máis bonitas de Hollywood e Nova York". Ao final dos anos 1950 o actor era unha celebridade, por veces referido como o "Switchblade Kid", un apelido que gañou polo seu papel como criminal no filme Crime in the Streets.[5]
Interpretou o batería Gene Krupa, no filme The Gene Krupa Story, dirixido por Don Weis e protagonizado tamén por Susan Kohner, Darren James e Oliver Susan. En 1960 participou en Exodus, como un emigrante xudeu, polo cal gañou un Globo de Ouro ao mellor actor secundario e recibiu a súa segunda candidatura ao Óscar ao mellor actor secundario.
Porén, co pasar dos anos non conseguía facer máis papeis de mozo rebelde, e os traballos fóronse tornando máis escasos. Xunto a iso, os rumores de homosexualidade roldaban a súa carreira, dificultando o seu traballo. Foi o modelo que o artista plástico Harold Stevenson usou para pintar The New Adam (1963), un nu tradicional da cultura estadounidense.[3][7]
En 1957, Mineo fixo unha breve incursión na música pop gravando unhas cancións e un álbum. Dous dos seus sinxelos chegaron ao Top 40 nos Estados Unidos no Billboard Hot 100. O sinxelo máis popular, "Start Movin (In My Direction)", alcanzou a posición 9 na Billboard's pop.[3] Vendeu máis dun millón de copias e foi premiado cun disco de ouro.[8]
A noite do 12 de febreiro de 1976, o actor volveu á casa tras un ensaio da obra P.S. Your Cat Is Dead. Tras aparcar o seu coche no garaxe do seu apartamento de West Hollywood, foi apuñalado no corazón por un atracador que deseguido abandonou o lugar.[9][10] A policía investigou múltiples sospeitosos, mais asumiu que o crime foi o resultado dalgún tipo de "motivación homosexual". En marzo de 1979, Lionel Ray Williams foi sentenciado a 57 anos de cárcere por matar a Mineo e por cometer dez atracos na mesma zona. Aínda que existiu moita confusión sobre o que dixeron as testemuñas do que viran na escuridade desa noite, Williams afirmou que non tiña idea de quen era Mineo. Os oficiais posteriormente dixeron que escoitaron a Williams adminitindo o apuñalamento.[11] A esposa de Williams confirmou máis tarde que a noite en que morreu Mineo, o seu marido volvera á casa con sangue na súa camisa. Foi liberado a mediados da década de 1990.
Mineo foi enterrado no Gate of Heaven Cemetery en Hawthorne, Nova York.[12]
Mineo coñeceu a actriz inglesa Jill Haworth na rodaxe do filme Exodus en 1960, en que interpretaban unha parella de amantes. Mineo e Haworth mantiveron unha relación intermitente durante moitos anos e chegaron a prometerse en matrimonio. Segundo o biógrafo de Mineo Michael Gregg Michaud, Haworth cancelou o compromiso tras atopar a Mineo nun encontro sexual con outro home.[13] Os dous continuaron a ser amigos ata a morte de Mineo.[13][14] Mineo mostrouse descontento coa breve relación que mantivo Haworth co produtor televisivo Aaron Spelling, moito máis vello ca ela. Unha noite en que Mineo atopou a Haworth e Spelling nun club nocturno privado de Beverly Hills, golpeou a Spelling na cara, berrando "sabes cantos anos ten? que andas a facer con ela á túa idea?"[13] Mentres que algúns describiron a Haworth como nada máis que unha amiga e unha pantalla para ocultar as súas parellas homosexuais,[15] Michaud pon en dúbida esa afirmación; indica que a relación entre Mineo e Haworth era real, que Mineo se namorou de Haworth e que a considerou unha das persoas máis importantes da súa vida.[13]
Nunha entrevista en 1972 con Boze Hadleigh, Mineo falou sobre a súa bisexualidade.[16] No momento da súa morte, mantiña unha relación de seis anos co actor Courtney Burr III.[13][17]
Ano | Título | Personaxe |
---|---|---|
1955 | Six Bridges to Cross | Jerry (boy) |
1955 | The Private War of Major Benson | Cadet Col. Sylvester Dusik |
1955 | Rebelde sen causa | John "Plato" Crawford |
1956 | Crime in the Streets | Angelo "Baby" Gioia, a.k.a. Bambino |
1956 | Somebody Up There Likes Me | Romolo |
1956 | Xigante | Angel Obregón II |
1956 | Rock, Pretty Baby | Angelo Barrato |
1957 | Dino | Dino Minetta |
1957 | The Young Don't Cry | Leslie "Les" Henderson |
1958 | Tonka | White Bull |
1959 | A Private's Affair | Luigi Maresi |
1959 | The Gene Krupa Story | Gene Krupa |
1960 | Exodus | Dov Landau |
1962 | Escape from Zahrain | Ahmed |
1962 | The Longest Day | Pvt. Martini |
1964 | O gran combate | Red Shirt |
1965 | The Greatest Story Ever Told | Uriah |
1965 | Who Killed Teddy Bear? | Lawrence Sherman |
1967 | Stranger on the Run | George Blaylock |
1969 | Krakatoa, East of Java | Leoncavallo Borghese |
1969 | 80 Steps to Jonah | Jerry Taggart |
1971 | Escape from the Planet of the Apes | Dr. Milo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.