club de fútbol de Donostia From Wikipedia, the free encyclopedia
A Real Sociedad de Fútbol, S.A.D. é un club de fútbol fincado en Donostia, capital de Guipúscoa (País Vasco, España). Con máis de 35.000 socios, ten unha longuísima traxectoria na historia do balompé español.
Real Sociedad | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Sociedad de Fútbol, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Os Txuri-urdin A Real Reala / Erreala | ||
Fundación | 1909 | ||
Estadio | Reale Seguros Stadium, Donostia, España | ||
Inauguración | 13 de agosto de 1993 | ||
Capacidade | 32.000 | ||
Presidente | Jokin Aperribay | ||
Adestrador | Imanol Alguacil | ||
Liga | Primeira División | ||
2019–20 | 6º | ||
Vestimenta | Adidas | ||
Patrocinador | QBAO.com | ||
Na rede | |||
http://www.realsociedad.com/ | |||
| |||
Gañou dous campionatos da Liga española de fútbol consecutivos (1980-81 e 1981-82), dúas Copas do Rei (1987 e 2020; tamén gañada en 1909 polo seu antecesor, o Club Ciclista de San Sebastián) e unha Supercopa de España (1982), así como diversos subcampionatos en devanditas competicións e múltiples participacións europeas ao longo da súa historia, catro na Liga de Campións.
Ocupa o posto nº 8 na Clasificación histórica da Primeira División e o nº 184 na clasificación histórica mundial da IFFHS. É, ademais, o sexto equipo que máis internacionais achegou á Selección española de fútbol e ostentou o récord de xornadas consecutivas sen perder nunha mesma tempada en Primeira ata 2018.
O Athletic Club é o rival histórico da Real Sociedad por excelencia. Os dous equipos manteñen unha rivalidade desde os seus comezos, entre outras cousas porque son os dous principais equipos do País Vasco.
A Real Sociedad de San Sebastián foi fundada en 1909, baixo o nome de Sociedad de Foot-ball de San Sebastián, adquirindo o título de "Real" en 1910 a mans do rei Afonso XIII. A Sociedad de Foot-ball xurdiu froito dunha escisión do San Sebastián Recreation Club, primeiro club do que se ten constancia en Guipúscoa, nado en 1903 e escindido seis anos despois. Entre 1903 e 1908, as cores do San Sebastián Recreation Club eran o verde e o amarelo pero xa en marzo de 1908 estreouse un novo uniforme: camisa branca, iniciais SS en azul e pantalón azul.
Durante estes primeiros anos os donostiarras obtiveron moi bos resultados pero non podían participar nos campionatos oficiais ao non estar inscrita a Sociedad de Foot-ball no Rexistro Civil. Para poder participar no Campionato de España de 1909, recorreuse a xogar baixo o nome do Club Ciclista de San Sebastián, entidade que si cumpría cos requisitos legais, e coa denominación de Club Ciclista chegou o primeiro título da súa historia ao derrotar na final ao Club Español de Madrid por 3 goles a 1.
Durante eses primeiros anos existe unha gran rivalidad co Athletic Club e o Racing de Irún, ademais en 1913 inaugúrase o campo de Atotxa.
Na tempada 1927-28 prodúcese unha das finais máis épicas que se recordan, a triplo final de Copa de Santander contra o FC Barcelona, que desencadeou unha batalla poética entre Rafael Alberti e o txuriurdin Gabriel Celaya, Alberti que estaba presenciando o partido escribiu "Oda a Plattko" en honor á memorable actuación do porteiro húngaro, e Celaya respondeulle con "Contraoda do poeta da Real Sociedad" onde lle respondía dicindo que máis que Plattko era ao arbitro a quen tiña que dar as grazas ao FC Barcelona. No ano 1928 a Real Sociedad xunto con outros nove clubs participan na Primeira edición da Primeira División de España, quedando en 4ª lugar e sendo o seu xogador Bienzobas o máximo goleador do Campionato.
A partir de entón iníciase unhas tempadas de altibaixos, no que a incapacidade de manter aos seus mellores xogadores impide que se consolide o equipo, no entanto conséguese un subcampionato de Liga 1930-31. Durante esta época Ignacio Eizaguirre e Epifanio Fernández, "Epi", vanse ao Valencia CF na tempada 40-41, mentres que Silvestre Igoa faio na 42-43 conseguindo alí diversos títulos de Liga e de Copa. Trala volta destes tres internacionais, na tempada 1950-51, conséguese o subcampionato de Copa, outra vez fronte ao FC Barcelona, eliminando en semifinais ao Real Madrid cun 0-2 en Nuevo Chamartín co gran Benito Díaz de adestrador.
En 1957 créase o Sanse, equipo filial, que será o gran sementeiro de xogadores para o Primeiro Equipo.
No ano 1967 iníciase a época máis gloriosa do club, ese ano acaba cunha década de ascensos e descensos co definitivo ascenso de Puertollano, a partir dese momento empézase a construír o equipo que unha década despois converteríase en Campión de Liga, no ano 1974 participa por primeira vez nun competición europea, a Copa da UEFA, das que se faría asiduo.
A tempada 1979-80 será unha das máis recordadas pese a non conseguir o título e é que estableceu un récord de imbatibilidade, que aínda perdura, ao estar 32 xornadas consecutivas sen coñecer a derrota, que sumadas ás 6 últimas da tempada 1978-79 deixarían o récord en 38, e foi precisamente no penúltimo partido contra o Sevilla onde a perdeu e ao cabo significo que a Liga levásella o Real Madrid, pero ao ano seguinte 1980-81 conseguiu o que tanto merecera o ano anterior, ser Campión, e conseguiuno de xeito épico, no último minuto do partido Zamora conseguiu, nun embarrado El Molinón, marcar o gol que ía dar á Real o primeiro título de Liga.
Na tempada 1981-82 volveu gañar a Liga e na Copa de Europa fixo un extraordinario campionato chegando ás semifinais onde foi eliminado polo Hamburgo, ao cabo campión de Europa.
Na tempada 1987 logra o título de Copa do Rei ao impoñerse na quenda de penaltis ao Atlético de Madrid, sendo Luís Arconada o heroe da noite ao parar o penalti decisivo.
Na tempada 1989-90 a Real, ante a fuga de tres dos seus xogadores máis importantes o ano anterior, onde se consegue o subcampionato de Liga e de Copa, Bakero, Begiristain e Rekarte ao FC Barcelona, e Loren ao Athletic de Bilbao comeza a contratar a futbolistas estranxeiros sendo John Aldridge o primeiro procedente de Liverpool FC inglés.
Na tempada 2002-03 a Real volve loitar polo título de Liga e do mesmo xeito que na tempada 79-80 o Real Madrid no penúltimo partido arrebátalle o liderado que tanto defendera; unha tempada espectacular na que sobresaíron a parella de dianteiros Kovacevic e Nihat, e no centro do campo Xabi Alonso, De Pedro, Aramburu e Valery Karpin.
O estadio da Real Sociedad é o Estadio Municipal de Anoeta, con capacidade para 32.076 espectadores. Foi inaugurado con atletismo o 29 de xullo de 1993 e o primeiro partido de fútbol foi o 13 de agosto nun amigábel contra o Real Madrid.
Actualizado a 1 de febreiro de 2020.
|
|
A Real Sociedad de Fútbol B, coñecido popularmente como o Sanse, é o equipo filial do club. Fundado en 1951 baixo o nome de San Sebastián CF, xogou a tempada 2009-10 en Terceira División conseguindo o ascenso a Segunda B.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.