From Wikipedia, the free encyclopedia
O Real Salt Lake é un club de fútbol estadounidense que xoga na Major League Soccer. É o equipo de fútbol de Salt Lake City, no estado de Utah, polo que xoga na conferencia Oeste. A franquía foi fundada en 2004 coincidindo coa expansión da Major League Soccer. Xoga os seus partidos no Rio Tinto Stadium en Sandy, Utah ás aforas da cidade de Salt Lake City. O nome de Real provén da admiración do fundador do club polo Real Madrid [2].
Real Salt Lake | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Salt Lake | ||
Alcume(s) | Claret and Cobalt, Royals, RSL | ||
Fundación | 2004 | ||
Estadio | Rio Tinto Stadium, Sandy, Utah, Estados Unidos | ||
Inauguración | 2008 | ||
Capacidade | 20,213 [1] | ||
Propietario | Dell Loy Hansen | ||
Presidente | Craig Waibel | ||
Adestrador | Mike Petke | ||
Liga | Major League Soccer | ||
2016 | Oeste: 6º Global: 9º Playoffs: Primeira rolda | ||
Na rede | |||
https://www.rsl.com/ | |||
| |||
O equipo, na súa curta historia, conta na súa vitrina cun título, unha MLS Cup.
O 14 de xullo de 2004 fundouse o Real Salt Lake que xogaría provisionalmente no Rice-Eccles Stadium na Universidade de Utah. A primerira fichaxe do equipo foi o dianteiro Jason Kreis. O primeiro partido oficial xogouse contra os New York MetroStars en New Jersey.
As dúas primeiras tempadas foron moi irregulares para a franquía e non conseguiron clasificarse para as roldas eliminatorias. A boa noticia foi que o dianteiro Jeff Cunningham conseguiu gañar a bota de ouro da MLS [3]. Ese mesmo ano o Real Salt Lake e o Real Madrid asinaron un acordo de colaboración para a construción dunha academia para mozos e a disputa de dous amigábeis, aínda que o trato finalmente rompeuse e só xogouse un dos partidos [4]. Se as dúas primeiras tempadas non foran boas a do ano 2007 foi aínda peor. Realizouse unha reconstrución completa do club. Jason Kreis foi nomeado adestrador e retirouse como xogador, houbo cambio de presidente, Jeff Cunningham abandonou o equipo e con el tamén varios xogadores importantes.[5]
No ano 2008 e coincidindo cá apertura do Rio Tinto Stadium, o equipo clasificouse por primeira vez para os playoffs. Onde eliminou na primeira rolda ó Chivas USA pero non foi quén de gañar ó NY Red Bulls. A seguinte tempada o Real Salt Lake clasificouse na última xornada para as roldas eliminatorias. Na primeira rolda enfrontaríanse ó Columbus Crew, que gañou a edición do ano anterior e ademais foi o mellor equipo na fase regular. Pero aínda así o equipo de Utah conseguiu pasar de rolda. Na final de conferencia xogaron fronte o Chicago Fire e pasaron a final da MLS Cup tras vencer nos penaltis. O Royals tiña que xogar a final contra o Los Angeles Galaxy de David Beckham. A final rematou cun empate a un gol, polo que o título decidiríase na rolda de penales, e non foi ata a sétima rolda de lanzamentos cando o gol de Robbie Russell deulles o título ós de Utah, co porteiro Nick Rimando como mellor xogador da final.
Tras a vitoria do ano anterior o RSL seguiu co seu bo estado de forma, conseguindo o récord de máis partidos imbatidos na casa, cun total de 25 partidos [6]. Gañar o título da MLS Cup proporciona unha praza na fase de grupos da Liga de Campións da CONCACAF, polo que sería a primeira participación nun torneo continental. Na fase de grupos o Real Salt Lake pasou como primeiro por diante do Cruz Azul mexicano. Nos cuartos de final venceron ó Columbus Crew e nas semifinais ó Saprissa costarriqueño. Na final tiñan que enfrontarse ó FC Monterrey, o primeiro partido disputouse en México cun resultado de 2-2 e o segundo en Utah onde os mexicanos gañaron 0-1 e conseguiron o título.
Nos anos 2011 e 2012 o Claret and Cobalt clasificáronse para as roldas eliminatorias pero non acadaron a fazaña de chegar á final. No ano 2012 volveu xogar a Liga de Campións da CONCACAF, pero desta vez non foron quen de superar a fase de grupos.
En 2013 o propietario da franquía Dave Checketts, vendeu o Real Salt Lake a Dell Loy Hansen. Ese mesmo ano o club chegou a dúas finais, primeiro a da U.S. Open Cup e perdeuna fronte ó DC United. E despois xogou por segunda vez na súa historia a final da MLS Cup contra o Sporting Kansas City onde de novo chegaron os penales, pero desta vez o trinfou foi para os de Kansas. Tamén se confirmou este ano a saída da lenda do club, Jason Kreis.[7] A presenza dos Royals nos playoffs era unha constante ata o ano 2015, nos que por primeira vez en oito anos non lograron clasificarse as roldas eliminatorias. Na terceira participación na Liga de Campións da CONCACAF, na tempada 2015-2016, a franquía caeu fronte ó Tigres UANL mexicano nos cuartos de final.
Para a tempada do ano 2017, Jeff Cassar o sucesor de Jason Kreis foi relevado do posto de adestrador e no seu lugar foi contratado Mike Petke.
Actualizado a 2 de outubro de 2017[8][9]
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.